A Universidade Federal do Sur (en ) é unha universidade federal pública do Distrito Federal do Sur, en Rusia. Ten campus en Rostov do Don e en Taganrog.
Historia A Universidade Federal do Sur é a maior institución educativa e de investigación do óblast de Rostov. Comezou a funcionar en Rostov no 1915 como unha filial da Universidade Imperial de Varsovia, cuxos empregados rusos foran evacuados ao estalar a primeira guerra mundial. No momento da súa fundación, era a primeira institución de ensino superior de Rostov, e contaba con catro departamentos: historia e filosofía, medicina, física e matemáticas, e dereito.
Co colapso do imperio ruso, a entidade mudou o seu nome a Universidade do Don por decreto do goberno provisional, o 5 de maio do 1917. Durante a guerra civil rusa, a rexión estivo baixo o poder da coalición antisoviética do Movemento Branco e do Exército do Don de Alekséi Kaledin. Moitos dos traballadores refuxiados na universidade compartían os valores antisoviéticos, e parte do alumnado foi recrutada. Tras a conquista de Rostov por parte do Exército Vermello en xaneiro do 1920, a xerencia da universidade pasou a mans dos soviéticos. Nese mesmo ano, purgouse o centro de partidarios do bando inimigo.
No 1925, foi renomeada Universidade Estatal do Cáucaso Norte para reflectir o seu status como centro educativo no, por aquel entón, krai do Cáucaso Norte. No 1934, pasou a ser a Universidade Estatal de Rostov do Don e, no 1957, a Universidade Estatal de Rostov. En novembro do 2006, uniuse coa Academia Estatal de Arquitectura e Artes de Rostov, a Universidade Estatal Pedagóxica de Rostov e a Universidade Estatal de Radiotecnoloxía de Taganrog para formar a actual Universidade Federal do Sur.
Centros miniatura|Facultade de Filosofía e Estudos Culturais de Rostov do Don. miniatura|Edificio do campus de Taganrog.
Campus principal (antiga Universidade Estatal de Rostov) Facultade de Bioloxía e Ciencias do Solo Facultade de Química Facultade de Economía Facultade de Xeoloxía e Xeografía Facultade de Alta Tecnoloxía Centro de Enxeñaría Pezoeléctrica Facultade de Historia Facultade de Dereito Facultade de Matemáticas, Mecánica e Computación Facultade de Filoloxía e Xornalismo Facultade de Filosofía e Estudos Culturais Facultade de Psicoloxía Facultade de Física Facultade de Estudos Rexionais Facultade de Ciencia Social e Política Instituto de Relacións Económicas Internacionais Instituto Pedagóxico (antiga Universidade Pedagóxica de Rostov) Facultade de Lingüística e Filoloxía Facultade de Pedagoxía e Psicoloxía Facultade de Educación Física e Deporte Facultade de Economía, Administración e Estudos Legais Facultade de Ciencias Naturais Facultade de Tecnoloxía e Desenvolvemento Facultade de Artes Visuais Facultade de Matemáticas, Física e Computación Facultade de Educación Continuada e Estendida Facultade de Adestramento Avanzado e Desenvolvemento Profesional para Profesores Instituto de Taganrog de Tecnoloxía (TIT), antiga Universidade Estatal de Radiotecnoloxía de Taganrog Instituto de Arquitectura e Artes (antiga Academia Estatal de Arquitectura e Artes de Rostov)
Alumnado e profesorado
Alumnado
Aleksander Burba (1918-1984), químico. Aleksandr Solzhenitsyn (1918-2008), escritor ruso. Aleksander Ankvab (1952-), presidente de Abkhazia. Aleksandr Dziuba (1990-), tradutor e lingüista.
Profesorado
Dmitri Ivanovski (1864-1920), botánico. Dmitri Mordujái-Voltovskói (1876-1952), matemático Sabina Spielrein (1885-1942) psicanalista. Iván Kornílov (1899-1953), xeneral soviético Vladímir Semiónov (1911-1922), diplomático soviético.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial (en ruso) Sitio web do Instituto de Economía e Relacións Internacionais da Universidade (en inglés) Sitio web do Instituto de Tecnoloxía de Taganrog (en inglés)
Categoría:Óblast de Rostov Categoría:Universidades de Rusia