Thomas Simon, nado en Londres en 1618Aínda que durante un tempo houbo opinións diversas acerca do lugar e a data de nacemento de Simon (Londres ou Yorkshire; 1618 ou ca. 1623), Wetmore demostra documentalmente que naceu en Londres en 1618 e foi bautizado o 26 de abril dese ano. Véxase Whetmore, S. A. H. (1960). Páxinas 159-160. e finado probablemente na mesma cidade en 1665, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas inglés, cunha carreira vinculada á Real Casa da Moeda de Londres, na que ocupou o cargo de gravador xefe entre os anos 1645 e 1660.Chisholm, H. ed. (1911).
En ocasións, traballaba como gravador sobre deseños creados polo seu irmán Abraham.Forrer, L. (1912). Páxinas 519, 531.Chisholm, H. ed. (1911). "Simon, Abraham". En Encyclopædia Britannica. Vol. 25 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 124. Nas súas obras adoitaba inscribir, a modo de marca de artista, as iniciais T. S, ou as abreviaturas THO ou SIMON F.Forrer, L. (1912). Páxina 532.
Traxectoria Simon era fillo de Anne Germain e de Peter Simon, unha familia procedente de Guernsey.Forrer, L. (1912). Páxina 519.Wroth, W. W. (1885). Páxinas 266.
En setembro de 1635 ingresou como aprendiz na Royal Mint, sita daquela na Torre de Londres, ás ordes do entón gravador xefe, Edward Green, e alí tamén recibiu as ensinanzas de Nicholas Briot.Craig, J. (1953). Páxina 151. En agosto de 1642, no marco da guerra civil inglesa, cando Simon estaba a piques de rematar a súa etapa de aprendiz, a Casa da Moeda, que estaba baixo o control do rei, foi tomada polo Parlamento, para satisfacción tanto de Green como de Simon.Sharples, J. "Thomas Simon, Engraver (1618-1665)". Museums Victoria Collections.
En 1645, á morte de Green, o Parlamento nomeou a Simon e a Edward Wade gravadores xefes de forma conxunta, con autorización para gravar non só as moedas senón tamén todas as armas e os selos reais.Forrer, L. (1912). Páxina 520. Pola súa banda, Carlos I (1625-1649), que loitaba na guerra desde fóra de Londres, nomeou en paralelo a Thomas Rawlins para o mesmo posto. Durante o resto da guerra civil, a ceca mantivo a produción de moedas coa efixie do rei, e nesa época Simon dedicouse principalmente ao gravado de cuños para medallas, e en menor medida para moedas. Cando a finais de 1648 Edward Wade faleceu, Simon seguiu interinamente en solitario, e a partir do 21 de abril de 1649 foi confirmado no seu cargo como único gravador xefe, pouco despois da execución de Carlos I.
miniatura|305x305px|Primeiro selo da Commonwealth de Inglaterra (1651).Cassel, J. (1865). Cassell's illustrated history of England. Vol. III. Cassell Petter & Galpin, Londres. Páxina 312.
O Parlamento tiña moito interese pola cuñaxe das novas moedas da Commonwealth de Inglaterra. Simon delegou a súa elaboración nos gravadores axudantes e as primeiras cuñaxes leváronse a cabo pola antiga técnica do martelo, mais o Parlamento encomendoulle a Simon que se reunise co enxeñeiro francés Peter Blondeau para organizaren novas emisións xa mecanizadas e cun mellor acabamento, á maneira das cuñaxes que se estaban a levar a cabo na Monnaie de Paris.
Simon gravou o primeiro Gran Selo da Commonwealth de Inglaterra, en 1651, e cando Oliver Cromwell se converteu en Lord Protector en 1653, a creación do novo selo recaeu novamente en Simon. En 1651 consignóuselle un salario de 13 libras, 6 xilins e 8 peniques anuais como pagamento pola súa exclusividade para a creación de todas as medallas oficiais e de servizo público, á parte das 30 libras que percibía pola súa actividade como gravador xefe de moedas e de selos reais. Entre 1654 e 1656 creou, entre outros moitos, os grandes selos de Escocia e de Irlanda, así como os selos para os consellos inglés, escocés e irlandés, para os tribunais ingleses e para o almirantado.
En 1656, Cromwell determinou o deseño e a cuñaxe de probas de novas moedas de ouro e de prata, e para iso contou con Simon como gravador e con Blondeau como enxeñeiro. Estas cuñaxes en proba, malia luciren a data de 1656, non se produciron ata 1657 e consideráronse un éxito, o que motivou que se encargase unha emisión ordinaria en 1658 para a súa posta en circulación. Mais logo do pasamento de Cromwell en setembro de 1658, a Commonwealth volveu ao antigo método de cuñaxe a martelo. Blondeau regresou a Francia e Simon ficou como gravador da Royal Mint."Thomas Simon". Numista.comTonner, R. "Coins of the English Commonwealth 1649 - 1660 ". Australian Numismatic Society. Simon foi contratado tamén para modelar o rostro da efixie de Oliver Cromwell levada no seu cortexo fúnebre o 23 de novembro de 1658.Forrer, L. (1912). Páxina 521.
Cando Carlos II (1660-1685) regresou a Londres en maio de 1660 desde o seu exilio nos Países Baixos, a continuidade no cargo de Simon non estaba garantida, xa que Carlos I nomeara a Rawlins como gravador xefe e Carlos II recoñecera tal nomeamento. Con todo, malia este recoñecemento, Simon non foi relevado como gravador e continuou ocupándose das novas moedas, xa a nome de Carlos II,Craig, J. (1953). Páxina 155. aínda que renunciando ás innovacións técnicas que caracterizaran as cuñaxes dos anos anteriores e retomando a cuñaxe a martelo.
Nesta etapa da restauración, o 31 de maio de 1661 Simon foi nomeado como un dos gravadores das armas, os escudos e os selos do rei, e o 2 de xuño de 1661 foi ascendido a gravador xefe encargado destes labores, cun salario de 50 libras anuais. Nestes anos seguiu coa preparación de selos privados do rei, e tamén outros como o da Orde da Xarreteira, o do Consello de Gales, o da Royal Society ou o Gran Selo de Xamaica.
En maio de 1661 o rei ordenoulle a Simon a reintrodución da cuñaxe mecanizada na Real Casa da Moeda e, con tal m otivo, o 8 de novembro foi enviado a Francia para contratar novamente a Blondeau. Durante a estadía de Simon en Francia, Carlos II invitou os irmáns Joseph e John Roettiers, dos Países Baixos, para que axudasen na preparación dos novos cuños, o que xerou friccións con Simon cando este regresou. Ante esta situación, o monarca convocou o 7 de febreiro de 1662 a Simon e os irmáns Roettier a prepararen modelos de moedas a partir dos cales elixiría posteriormente os gravadores para as novas emisións ao seu nome.Craig, J. (1953). Páxina 158. Os Roettier resultaron gañadores deste privilexio, o que implicou que Simons deixase de traballar na Casa da Moeda.Forrer, L. (1912). Páxinas 521-522. miniatura|307x307px|Petition Crown (1663)."1 Crown - Charles II Pattern 'Petition' Crown". Numista.com Con todo, cando a principios de 1663 o rei solicitou que se fixesen modificacións sobre os cuños propostos polos Roettier, Simon aproveitou a ocasión para preparar unha nova proposta. Para tal efecto elaborou cuños para o anverso e o reverso cos que cuñou en proba unha moeda dunha coroa que incorporaba as modificacións requiridas polo rei, e que no canto incluía unha súplica: "Thomas Simon roga humildemente á Súa Maxestade que compare esta peza de proba coa neerlandesa e, se está mellor debuxada e repuxada, máis elegantemente ordenada e máis exactamente gravada, que a releve". Esta moeda é coñecida como a Petition Crown ("coroa da petición")."Edge-lettered Petition Crown wows". En Numismatic News. 12 de marzo de 2018.Forrer, L. (1912). Páxina 522. E cos mesmos cuños preparou unha nova cuñaxe —coñecida como Reddite Crown ("coroa Reddite"), en cuxo canto se lía REDDITE QUÆ CÆSARIS CÆSAR ("Dádelle ao César o que é do César").Reynolds, G. (2018). "The Most Famous Coins or Patterns in the History of Britain: The Petition Crown & Reddite Crown". En Coin Week. 3 de xaneiro. Malia todo, o monarca non atendeu a curiosa solicitude se Simon.
Perdida xa para Simon a súa condición de gravador xefe da Royal Mint, continuou traballando na ceca como gravador secundario de selos ao servizo do rei, ata a súa morte en 1665, probablemente producida por mor da epidemia de peste que tivo lugar ese ano. No seu testamento deixou instrucións para que fose soterrado na igrexa de St. Clement Danes, en Londres, parroquia na que residía desde había moito tempo.
Vida persoal Thomas Simon casou con Elizabeth Fautrart, dunha familia de Guernsey, con quen tivo varios fillos.Wroth, W. W. (1885). Páxinas 267.
No seu testamento, Simon deixoulle ao seu fillo Samuel a granxa da que era propietario en Shorne, preto de Gravesend, Kent, e tamén os seus debuxos e as súas pinturas e medallas. Ao seu sobriño William —fillo do seu defunto irmán Nathaniel— deixoulle os seus punzóns e outras ferramentas de gravado. Pola súa banda, a viúva de Simon solicitoulle ao rei cara a 1669 a cantidade de 2.164 libras en concepto de pagamentos atrasados que se lle debían ao seu marido.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Allen, D. (1938). "Warrants and sketches of Thomas Simon". En British Numismatic Journal. Vol. 23. Páxinas 439-448. Chisholm, H. ed. (1911). "Simon, Thomas". En Encyclopædia Britannica. Vol. 25 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 131. Craig, J. (1953). The Mint: A History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0521170772 Farquhar, H. (1932). "Thomas Simon, one of our chief engravers". En Numismatic Chronicle. Vol XII. Páxinas 274-310. Farquhar, H. (1936). "New light on Thomas Simon". En Numismatic Chronicle. Vol. 16. Páxinas 210-234. Forrer, L. (1912). "Simon, Tomas". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Vol. 5. Páxinas 519-532. Hocking, W. J. (1909). "Simmon's dies in the Royal Mint Museum [...]". En Numismatic Chronicle. Vol. 9. Páxinas 56-118. Hugh, C. (ed.) (1911). "Simon, Thomas". En Encyclopædia Britannica. Vol. 25 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 131 Lessen, M (1981). "The Cromwell Dunbar medals by Simon". En British Numismatic Journal. Vol. 51. Páxinas 112-127. Lessen, M. (1982). "The Cromwell Funeral Medal by Simon". En British Numismatic Journal. Vol. 52. Páxinas 151-157. Lessen, M. (1995). "Simon's mill gold coins and medals of Charles II, 1660-62". En British Numismatic Journal. Vol. 65. Páxinas 151-168. Lessen, M. (2005). "Notes on Simon's pattern (petition) crown of Charles II". En British Numismatic Journal. Vol. 75. Páxinas 91-112 Nathanson, A. J. (1975). Thomas Simon His Life and Work. Seaby Publications, Londres. ISBN 978-0900652394 H. E. Pagan (1988). "Presidential Address: the career of Thomas Simon". En British Numismatic Journal. Vol. 58. Páxinas 179-189. Stride, H. G. (1961). "Some facts regarding the Petition Crown of Thomas Simon". En Seaby's Coin and Medal Bulletin. Maio. Páxina 184. Vertue, G. (1780). Medals, coins, great seals, and other works of Thomas Simon. J. Nichols, Londres. Whetmore, S. A. H. (1960). "Some Further Notes On Thomas Simon". En British Numismatic Journal. 30. Páxinas 159-173. Wroth, W. W. (1885). "Simon, Thomas (1623?-1665)". En Dictionary of National Biography, 1885-1900. Páxinas 265-267. Outros artigos Gravador xefe da Royal Mint
Categoría:Nados en 1618 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1665 Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Artistas do Reino Unido Categoría:Medallas