A bandeira dos selk'nam (coñecida como Oleymweyen na lingua selk'nam), é o símbolo que identifica o pobo selk'nam, un pobo indíxena orixinario da Terra do Fogo, na Arxentina e Chile.

A bandeira dos selknam serviu de inspiración para as cores do club Selknam Rugby, creado en 2019 como homenaxe a este pobo.

Descrición A bandeira componse dun fondo dividido en dúas parte, marrón na parte superior e branca na inferior. Ten unha frecha negra que divide as dúas metades horizontalmente de esquerda a dereita, sen chegar a tocar o extremo dereito. Conta ademais con catro estrelas amarelas (a Cruz do Sur) na esquina esquerda do fondo marrón. As cores representan a Terra do Fogo, xa que o vermello son as pampas do norte e o branco os bosques nevados do sur.

Bandeira da Lúa e as estrelas miniatura|250px|Bandeira do pobo selk'nam creada na misión salesiana de San Rafael. Esta versión da bandeira selk'nam foi creada nun taller de costura a finais do século XIX por nenas e mulleres selk'nam na misión salesiana de San Rafael, na illa Dawson, en Chile. O deseño desta bandeira responde a que segundo a súa mitoloxía cando morrían convertíanse en estrelas.

Notas

Categoría:Pobo selk'nam Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 2016