Unha hamaca é un móbel de piscina, terraza, xardín, praia ou cuberta de barco, formado por unha estrutura lixeira e encartábel de ripas de madeira ou ben de tubos de aluminio, e, na súa versión máis moderna e arestora máis habitual, por láminas de plástico branco ou doutra cor, pensado para que unha persoa se poida recostar ou ben sentar para relaxarse. O respaldo tamén pode ser feito dunha soa peza de tea.
Variedades Hamaca con rodas traseiras para facilitar o desprazamento. Hamaca con bandexa auxiliar para colocar vasos ou pratos. Hamaca encartábel para ver a vista ou para tomar unha sesta. Hamaca gravidade cero, que achegan sensación de ingravidez e adóitanse utilizar tanto en ambientes interiores como de exteriores. Hamaca con parasol, moi utilizada para a praia ou piscina durante o verán. 250px|miniatura|Varias hamacas.|centro Notas
Categoría:Mobiliario