A bandeira dos guaranís (en ) é o símbolo que representa os guaranís, un pobo indíxena de América do Sur cuxa distribución tradicional é o estado actual de Paraguai, entre os ríos Uruguai e Paraguai, a Provincia de Misiones da Arxentina, o sur do Brasil, outrora até Río de Xaneiro, e partes do Uruguai e Bolivia. A bandeira foi deseñada polas Autoridades da Asemblea Nacional do Pobo Guaraní (A.P.G), dirixentes dos Pobos Guaranís e o Consello Guaraní, e representa os distintos pobos guaranís existentes, como os weenhayek, os tapietes e ava guaranís. Foi adoptada en 2015 como símbolo departamental de Tarija, en Bolivia. Dende 2020, é a bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae de Bolivia.

Uso Dende 2015, é izada en actos da gobernación de Tarija, a carón da bandeira de Bolivia e a bandeira departamental.

En 2020, foi adoptada como bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae.

Simboloxía A cor celeste representa a contorna, a cultura, a liberdade, o futuro, o aire, o ceo e os ríos. A cor verde representa a biodiversidade, as serras, as chairas, a flora e a fauna. A cor marrón representa a terra, os territorios dos pobos guaranís e os recursos naturais dos subsolos.

Outras bandeiras guaranís

Notas

Categoría:Pobo guaraní Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 2015 Categoría:Bandeiras introducidas en 2020