José Malcampo Monge, nado en San Fernando (Cádiz) o 13 de xaneiro de 1828 e finado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 23 de maio de 1880, foi un mariño de guerra e político español.

Traxectoria Dende o seu posto de marino participou na Gloriosa, e, a partir de entón, tomou parte activa na vida política do país. Dentro da súa carreira política, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1871 sucedendo a Manuel Ruiz Zorrilla, sendo simultaneamente, responsable dos ministerios da Mariña e de Estado. En realidade, as Cortes Constituíntes déranlle os seus votos maioritariamente a Práxedes Mateo Sagasta, pero este negouse a aceptar o encargo de goberno e preferiu situarse como xefe do partido constitucional, fronte ao radical Ruiz Zorrilla.

O goberno de Malcampo só durou uns meses, pero, tras a súa caída, seguiu ocupando a carteira de Mariña no goberno encabezado por Sagasta. Neste mesmo ano foi nomeado capitán xeneral de Filipinas, onde reorganizou a loita contra os piratas. Fora tamén senador. Tiña os títulos de Marqués de San Rafael, conde de Joló e vizconde de Mindanao.

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na web da Presidencia do goberno (en castelán) Ficha no Senado.

Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Nados en San Fernando Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1880 Categoría:Senadores de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España