Zhang Bin (chinés simplificado: 张彬; pinyin: Zhāng Bīn), coñecido polo pseudónimo Benjamin 本杰明, nado o 16 de maio do 1974 en Heilongjiang, é un debuxante de banda deseñada e ilustrador chinés. Na actualidade, vive en Beijing.

Traxectoria Zhang é autor de cómics e ilustrador. Destaca polo seu emprego das cores. Adoita traballar con debuxo dixital, usando hardware e software especializado.

Zhang fixo portadas alternativas para cómics de Marvel, así coma ilustracións para o videoclip J'aimerais tellement, da cantante de pop francesa Jena Lee. Tamén ilustrou a cuberta do disco ao que pertence a canción, Vous Remercier.

Publicacións

Banda deseñada

Yi tian 一天 ("Un día", 2002). Jide 记得 ("Lembra", 2004). Orange (2006). Jiu shi zhu 救世主 ("O salvador", 2010). Women qu na'er 我们去哪儿 ("Cara onde imos?").

Portadas

X-Men Origins: Emma Frost (Marvel, 2009). New Mutants #1-2, #4 (Marvel, 2009).

Traducións

Orange (2007). Traducido ao castelán por Edicións Glénat. Remember (2007). Traducido ao castelán por Edicións Glénat. One Day (2008). Traducido ao castelán por Edicións Glénat.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Benjamin (Xiao Pan)

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Debuxantes Categoría:Banda deseñada