Eugen Krüger, nado en Altona o 26 de decembro do 1832 e finado en Düsternbrook o 8 de xullo do 1876, foi un litógrafo e pintor paisaxista alemán.
Traxectoria Primeiros anos e formación Krüger aprendeu litografía en Altona, para logo estudar en Viena co litógrafo F. J. Sandmann, antes de dedicarse ao paisaxismo. Despois, visitou Inglaterra, Escocia, Francia, Italia e Suíza. No 1852 foi alumno do seu tío, Louis Gurlitt, co que fixo unha viaxe de estudos ao ano seguinte. Consérvase un gravado en madeira da igrexa de Dürnstein do 1853, creado durante a súa viaxe con Gurlitt. O litógrafo hamburgués Wilhelm Heuer podería ter sido tamén o seu profesor.
Logo, continuou os seus estudos en Düsseldorf cos seus amigos Adolf Schreyer e Teutwart Schmitson. A finais da década de 1850, instalouse en Hamburgo. Krüger, afeccionado á caza, trabou amizade co burgués Johann Christian Jauch e o fillo deste, Carl Jauch, que o invitaron ás súas cacerías de forma habitual. Desta época, consérvanse pinturas ao óleo e en recortes de papel, así como litografías; a maioría destas obras conteñen escenas de caza.
Carreira artística alt=Auf der Entenjagd (Caza de parrulos, 1862)|miniatura|Auf der Entenjagd (Caza de parrulos, 1862) No 1864, a galería de arte de Hamburgo recibiu unha "paisaxe escocesa" de Krüger, procedente dunha colección privada. A súa serie de litografías de vinte e dúas follas, Die Jagd gezeichnet und lithographiert von Eugen Krüger ("A caza debuxada e litografada por Eugen Krüger", 1860), foi moi apreciada, especialmente pola súa segunda edición de 1866, titulada Wild und Wald ("O salvaxe e a fraga"), que recibiu a medalla de ouro prusiana á arte e a ciencia.
No 1870, creou o seu Landschafts-Album vom Kriegsschauplatz ("Álbum de paisaxes do teatro da guerra"). Un ano máis tarde, publicou Der Deutsch-Französische Krieg 1870-1871 ("A guerra franco-prusiana"). No 1873, saíu do prelo Six Charactered Landscapes ("Seis paisaxes con carácter") e, no 1874, o ciclo Malerische Reiseziele ("Destinos turísticos pintorescos"), editado en Berlín.
Falecemento A obra de Krüger é pequena, debido á súa prematura morte no 1876. Ao ano seguinte, celebrouse en Hamburgo unha exposición na súa memoria.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Eugen Krüger (Artnet)
Categoría:Finados en 1876 Categoría:Nados en 1832 Categoría:Pintores paisaxistas Categoría:Pintores de Alemaña