Ángel Díaz Díaz, nado en Viloudriz cara a 1894 e finado en Caracas o 17 de novembro de 1952, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Secretario do concello de El Valle Altu de Peñamellera, foi nomeado secretario do concello de Lourenzá o 28 de febreiro de 1936.BOP Lugo, 26-4-1937, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como secretario o 23 de xullo.BOP Lugo, 19-7-1937, p. 1. Detido ese mesmo día, foi encarcerado no Depósito de Ribadeo. De alí pasou ao Cárcere de Lugo e despois ao Depósito de Mondoñedo, de onde saíu o 3 de maio de 1937. Logrou embarcar para Cuba onde se exiliou. Permaneceu na illa ata setembro de 1951 cando se estableceu en Venezuela. Morreu en Caracas o 17 de novembro de 1952.Galicia, novembro 1952, p. 23.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1894

Categoría:Nados en 1952