miniatura|250px|Traxes de quidditch no Harry Potter Exhibition de París, en abril de 2015. Harry Potter: The Exhibition é unha exposición itinerante baseada no universo de Harry Potter, nos libros e nos filmes, dos cales amosa escenarios, traxes e outro obxectos. A primeira exposición estendeuse dende abril de 2009 até marzo de 2020. A segunda exposición itinerante comezou a principios de 2022.

Primeira itinerancia (2009-2020) miniatura|Os obxectos de Gilderoy Lockhart en exhibición en París.

Desenvolvemento Warner Bros. Consumer Products, unha división de Warner Bros. Entertainment Inc. (o estudio que produciu os filmes da saga), creou a exhibición en colaboración con Exhibitgroup/Giltspur (que posteriormente se fusionaría con GES Exposition Services).

Xira A exposición abriuse orixinalmente en abril de 2009 no Museo de Ciencia e Industria de Chicago, Illinois, nos Estados Unidos. Logo da súa estrea, a exposición mostrouse en diversas cidades do mundo. A exposición final desta iteración foi no Pavilhão de Portugal, en Lisboa, Portugal, que rematou en marzo de 2020 (antes do previsto por mor da pandemia de COVID-19).

Características A exposición contou con atrezzo, disfraces e outros obxectos empregados na rodaxe da serie de filmes Harry Potter. Entre os elementos expostos estaban a variña e as lentes de Harry Potter. Tamén conta con algúns escenarios dos filmes, como o Gran Salón e a Sala Común de Gryffindor da escola de ficción Hogwarts, que é un escenario importante da serie. A partir de 2016, tamén se incluíron algúns obxectos da serie de filmes Animais fantásticos e onde atopalos.

Segunda itinerancia (2022) Desenvolvemento A partir de 2021, Warner Bros., en colaboración con Imagine Exhibitions e EMC Presents, está creou unha nova versión da exposición. Esta nova versión seguiu contando coas series de libros e filmes Harry Potter e Animais fantásticos, e tamén con historias do Wizarding World expandido, incluíndo Harry Potter and the Cursed Child. Os visitantes poderán ver atrezzo auténtico e traxes orixinais dos filmes e terán a oportunidade de interactuar nas exposicións.

Xira O Franklin Institute de Filadelfia, Pensilvania acolleu a estrea mundial da exposición a comezos de 2022, e posteriormente comezou unha xira mundial en diferentes cidades. En decembro de 2023 chegou a Macau.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Harry Potter