Kosmos 213 ou Cosmos 213 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 15 de abril de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Kosmos 213 foi unha Soiuz modelo 7K-OK de tipo activo lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto con Kosmos 212 (unha Soiuz 7K-OK de tipo pasivo). Despois da traxedia da Soiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Despois da proba non tripulada da parella Kosmos 186-Kosmos 188 lanzáronse as Kosmos 212 e 213. A primeira en engalar foi Kosmos 212, seguida un día máis tarde por Kosmos 213. Tras so 47 minutos despois da engalaxe da última, as dúas naves acopláronse con éxito automaticamente e sen problemas, froito das leccións aprendidas das anteriores misións, cheas de incidentes, incluíndo a morte de Vladimir Komarov na Soiuz 1.
A Kosmos 213 regresou a terra o 20 de abril, 145 km da cidade de Pavlodar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Kosmos 212
Categoría:Programa Soiuz