Kosmos 1001 ou Cosmos 1001 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 4 de abril de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Kosmos 1001 foi unha Soiuz modelo T lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas con este novo modelo de nave, que reintroduciu os paneles solares e facía uso do sistema Igla para citas e acoplamentos espaciais, así como dun sistema de propulsión modernizado e controis dixitais. A Soiuz T recuperou tamén a capacidade para tres tripulantes. Kosmos 1001 estivo once días en órbita, regresando o 15 de abril.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz U
Categoría:Programa Soiuz