PROA Comunicación é unha consultora de comunicación española dedicada á comunicación corporativa e a xestión da reputación. Foi fundada en 2009 e é a promotora do Observatorio Proa para a reflexión sobre a comunicación, foro que se celebra desde 2017. Historia A empresa foi creada en 2009 por Lucía Casanueva. Nos seus inicios estaba especializada en comunicación corporativa, financeira e de crise. Foi refundada en 2015 ao entrar como socia Valvanuz Serna, ampliándose aos sectores de gran consumo e servizos profesionais. En 2020 adoptou nova imaxe, web, lema e logotipo."PROA estrena nueva identidad para reafirmar su modelo de gestión eficaz" Dircom confidencial (19/06/2020)

Ten a súa sede en Madrid e delegacións en Barcelona, Bilbao, Valencia, Santander e Vigo. En 2022 inaugurou lla nova sede na rúa Montalbán, presentándose un informe sobre a comunicación en tempos de crises. As súas alianzas internacionais son coas consultoras Vae Solis Communications e Corpcom.

A empresa xestiona a comunicación da Cátedra Vargas-Llosa e a Fundación Internacional para la Libertad (FIL), do sector asegurador, con AIG, Boston Consulting Group, Lacoste, Artá Capital, Mercapital, OHL, e Condé Nast, entre outras.

Observatorio Proa En 2015, creouse o Observatorio Proa como un foro estable de debate coa participación de persoas destacadas do mundo político, económico e cultural. Con anterioridade foron convidados diversos políticos, seguindo a pauta de diversas consultoras de xerar encontros de empresarios e  políticos, como José Luis Martínez-Almeida (Partido Popular), ou Javier Ortega-Smith (Vox)."La campaña electoral también se juega en las consultoras de comunicación" Dircomfidencial (19/05/2019)

Polo Observatorio Proa pasaron personalidades públicas e representantes do sector empresarial como: Cristóbal Montoro, Olga Cuenca, Jordi Sevilla, Ana Pastor, Carlos Espinosa de los Monteros ou o xeneral Félix Sanz Roldán, Manuel Sala, entre outros.

Entre os encontros realizados polo Observatorio Proa, destacou o celebrado no Círculo Ecuestre de Barcelona e que estivo dedicado aos xuízos paralelos ou a denominada “pena do telexornal”. Nel interviñeron Juan Carlos Campo, maxistrado da Audiencia Nacional de España e exministro de Xustiza, o fiscal do Tribunal Supremo, Javier Zaragoza,"Los juristas consideran que las largas instrucciones favorecen los juicios paralelos" El economista.es (17/01/22) e Pau Molins defensor da Infanta Cristina.

Producións Informe La nueva comunicación y márketing empresariales en tiempos de postpandemia, crisis económica y guerra, dirixido por José Antonio Zarzalejos, (19/11/22) Documental El click, sobre saúde mental.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Canle Youtube Observatorio Proa

Categoría:Empresas da Comunidade de Madrid

Categoría:Empresas de comunicación