A é o sistema de romanización oficial de Corea do Sur. Este sistema foi publicado polas autoridades surcoreanas no ano 2000, como substituto ao anterior sistema oficial (baseado na romanización McCune-Reischauer). O novo sistema é similar ao usado antes de 1984, salvo que o anterior non representaba fielmente a variación da pronunciación dalgunhas consoantes segundo a súa posición na palabra. A romanización revisada usa exclusivamente símbolos alfabéticos (sen acentos ou tiles) a excepción do guión, cuxo uso adoita ser opcional e pouco frecuente. Foi desenvolvida pola Academia Nacional do idioma Coreano en 1995, e foi publicada o 4 de xullo de 2000 polo ministerio de Cultura e Turismo de Corea. Entre as razóns achegadas para a adopción dun novo sistema sen signos diacríticos atópanse as seguintes: Ao utilizar unicamente letras e símbolos latinos, é máis viable o seu uso en ordenadores, mentres que o uso de apóstrofos e acentos breves do sistema McCune-Reischauer pode resultar problemático ou incómodo no ámbito da informática. Proporciona unha romanización consistente por parte de falantes nativos coreanos, xa que reflicte mellor algunhas características importantes do idioma. Evita as confusións resultantes da tendencia a omitir os apóstrofos e signos diacríticos. Posibilita o rexistro de nomes de dominio de Internet en coreano, nos que só é posible utilizar caracteres ASCII planos.

Características Algunhas características notables da romanización revisada son: As sílabas hangul 어 e 으 romanízanse como dígrafos formados por dúas vogais: eo e eu, respectivamente (en lugar de utilizar ŏ e ŭ como no sistema McCune-Reischauer). ㅝ romanízase como wo e ㅢ como ui. A diferenza do sistema McCune-Reischauer, as consoantes aspiradas (ㅋ, ㅌ, ㅍ, ㅊ) non se marcan con apóstrofos, se non que se romanizan como k, t, p e ch respectivamente. As consoantes non aspiradas correspondentes (ㄱ, ㄷ, ㅂ, ㅈ) romanízanse con letras que en inglés son consoantes sonoras: g, d, b e j. ㅅ sempre se romaniza como s se precede a unha vogal ou unha semivogal, nunca como sh agás cando se está transliterando. ㄹ equivale a r cando precede a unha vogal ou semivogal, e a l no resto dos casos: 리을 → rieul, 철원 → Cheorwon, 울릉도 → Ulleungdo, 발해 → Balhae. Ao igual que no sistema McCune-Reischauer, ㄴ romanízase como l cando é pronunciada coma unha consoante lateral en lugar dunha consoante nasal: 전라북도 → Jeollabuk-do

O guión pódese empregar en casos nos que a romanización dunha sílaba poida resultar ambigua e confundirse con outra: 장음 → jang-eum en contraposición a 잔금 → jan-geum. Porén, ningunha publicación oficial utiliza este recurso.

Débese utilizar o guión en transliteracións, para marcar a existencia dun carácter ㅇ ao principio dunha sílaba (expresa ausencia de son antes dunha vogal), agás se este aparece ao principio da palabra: 없었습니다 → eobs-eoss-seubnida, 외국어 → oegug-eo, 애오개 → Ae-ogae

Aínda que en principio as sílabas dos nomes propios coreanos non se separen con guións, isto está permitido: 강홍립 → Gang Hongrip ou Gang Hong-rip, 한복남 → Han Boknam ou Han Bok-nam

As sílabas que se refiren a unidades administrativas territoriais coreanas, como por exemplo, do (unidade equivalente a unha provincia) débense separar do nome do lugar cun guión: 강원도 → Gangwon-do. Así mesmo, algunhas veces pódense omitir algunhas destas sílabas (como 시, 군 ou 읍): 평창군 → Pyeongchang-gun ou Pyeongchang, 평창읍 → Pyeongchang-eup ou Pyeongchang.

Regras de transcripción Vogais

HangulㅣRomanizaciónaaeyayaeeoeyeoyeowawaeoeyouwowewiyueuuii

Consoantes

HangulRomanizaciónInicialgkkndttrmbppsss–jjjchktphFinalkkt–lp–ttngt–tt

, , , e transcríbense como g, d, b, e r cando se coloca na inicial dunha palabra ou antes dunha vogal, e como k, t, p, e l cando va seguida doutra consoante ou cando aparece ao final dunha palabra.

Provisións especiais

A romanización revisada transcribe certos cambios fonéticos que ocorren con combinacións da consoante final dun carácter e a consoante inicial do seguinte como Hanguk → Hangugeo. Estes cambios significativos ocorren (resaltados en amarelo):

rowspan=2 colspan=2 – g n d r m b s j ch k t p h k g kg ngn kd ngn ngm kb ks kj kch k-k kt kp kh, k n n n-g nn nd ll nm nb ns nj nch nk nt np nh t d, j tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch l r lg ln ld ll lm lb ls lj lch lk lt lp lh m m mg mn md mn mm mb ms mj mch mk mt mp mh p b pg mn pd mn mm pb ps pj pch pk pt p-p ph, p t s tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch ng ng- ngg ngn ngd ngn ngm ngb ngs ngj ngch ngk ngt ngp ngh t j tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch t ch tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch t t, ch tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch t h k nn t nn nm p hs ch tch tk t tp t

Os cambios fonéticos entre as sílabas nos nomes de pía non se transcriben: → Jeong Seokmin ou Jeong Seok-min, → Choe Bitna ou Choe Bit-na.

Os cambios fonolóxicos móstranse onde , , , e son adxuntas a : → joko, → nota, → japyeo, 낳지 → nachi. Porén, os son aspirados non se mostran no caso de substantivos onde segue a , , e : → Mukho, → Jiphyeonjeon.

Véxase tamén McCune-Reischauer Hangul (sistema de escritura coreana) Corea do Sur Corea do Norte

Notas

Categoría:Romanización