Esperidião Amin Helou Filho, nado en Florianópolis o 21 de decembro de 1947, é un político brasileiro de ideoloxía conservadora. Recibiu en 1999 a Medalla de Ouro de Galicia.

Traxectoria Nado nunha familia de empresarios e políticos de orixe libanesa e italiana.

Amin estudou Administración de Empresas e Dereito na Universidade Federal de Santa Catarina. Realizou un máster en xestión e é profesor das áreas de empresa, economía, dereito e planificación na UFSC.

Foi elixido dúas veces gobernador do Estado de Santa Catarina e dúas veces alcalde da cidade de Florianópolis, a súa capital. Foi Senador da República entre 1991 e 1999 e presidente nacional do partido de dereita conservadora PP - Progressistas. En 1994, presentouse á presidencia do Brasil, pero non foi elixido.

Vida persoal

Está casado con Angela Amin, deputada federal no Congreso Nacional do Brasil e dúas veces alcaldesa de Florianópolis.

Honras

Medalla de Ouro de Galicia (1999) alt=ribbon bar|55x55px|barra de cinta Orde do sol nacente, raios de ouro e cinta do pescozo (2023)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Esperidião Amin (en portugués) Sitio web oficial de Angela Amin (en portugués)

Categoría:Empresarios do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia libanesa Categoría:Nados en 1947 Categoría:Medalla de Ouro de Galicia