Jose Antonio Ponte Far, nado en Negreira en 1948, é un escritor, profesor e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía na Universidade de Santiago. Xubilouse como catedrático de Lingua e Literatura Castelá no instituto Concepción Arenal de Ferrol. É doutor en filoloxía e profesor na UNED, sección de Ferrol.

Pertenceu ao Ateneo ferrolán, á sociedade Valle Inclán, ao Club de Prensa, dirixiu a revista Ferrol Análisis, colaborou en Grial, Bradomín, Eduga, ademais de colaborador habitual de La Voz de Galicia con artigos de crítica literaria.

En 2023 incorporouse á lista do PP como número sete nas municipais e despois exerceu como concelleiro de cultura.

Obra

Concepción Arenal, Ciencias y humanidades (1982). Ferrol: Concello de Ferrol. 177 páxs. ISBN 978-92-0-290678-5. La renovación de la novela en el siglo XX: del 98 a la Guerra Civil (1992). Madrid: Anaya. 96 páxs. ISBN 84-207-4339-9. Galicia en la obra narrativa de Torrente Ballester (1994). Oleiros: Tambre. 373 páxs. ISBN 84-88681-20-8. Camilo José Cela: su arte literario (1994). Zaragoza: Tambre. 84 páxs. ISBN 84-88681-05-4. Ciencias y humanidades (1994). Ferrol: Concello de Ferrol. 100 páxs. ISBN 978-84-88991-01-0. Pontevedra en la vida y obra de Gonzalo Torrente Ballester (2000). Pontevedra: Caixanova. 126 páxs. Dos solos de “Clarín” (2001). Madrid: Anaya. Con Torrente en Ferrol... Un poco después (2001). A Coruña: Universidade da Coruña. 432 páxs. ISBN 978-84-95322-91-3. Con José Ángel Roca. Viéndolas pasar (2005). A Coruña: La Voz de Galicia. 261 páxs. ISBN 84-9757-171-1. Viéndolas pasar II (2010). A Coruña: Ézaro. 184 páxs. ISBN 9788493749019. Las ciudades de Torrente Ballester: (con guía bio-bibliográfica y seis estudios sobre el escritor y su obra) (2014). A Coruña: Deputación da Coruña. 129 páxs. ISBN 978-84-9812-261-9. Plácida mirada: Viéndolas pasar (2013). A Coruña: Ézaro. 194 páxs. ISBN 9788493909857. La vida en palabras (2019). A Coruña: Medulia. 188 páxs. ISBN 978-84-948102-9-9. Escritores universais (2020). A Coruña: Medulia. 275 páxs. ISBN 978-84-122825-0-4 miniatura|28 de febreiro, homenaxe a Cunqueiro no Cemiterio Vello de Mondoñedo

Tese de doutoramento

La presencia de Galicia en la obra narrativa de Gonzalo Torrente Ballester (1993). UNED.

Premios

2000: Premio Julio Camba: segundo premio por Épica y lírica. Notas

Ligazóns externas

Véxase tamén

Entrevista en 2021

Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1948 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá