A honra e os cartos (grego: Η Τιμή και το Χρήμα) é unha novela do escritor grego Konstantinos Theotokis, publicada orixinalmente no 1912.

Contexto A obra foi escrita entre os anos 1911 e 1912, cando Theotokis estaba a participar activamente no movemento socialista da súa illa nativa de Corfú. Neste sentido, a trama expón temas como a opresión das clases traballadoras ou a emancipación das mulleres gregas.

Sinopse A honra e os cartos conta a historia de Rini, unha rapaza de familia humilde que namora de Andreas, orfo dun comerciante en decadencia que intenta recuperarse das débedas paternas. A súa relación, que transgrede as normas sociais imperantes, acabará desembocando na deshonra. Destaca tamén a presenza da nai de Rini, a señora Epistimi, que se esforza por sacar a diante á súa familia.

A acción sitúase na illa de Corfú a comezos do século XX, pouco antes da primeira guerra dos Balcáns (1912-1913). Cun estilo realista, o autor describe a vida, a economía e as estruturas sociopolíticas da rexión durante este período.

Adaptacións A película I timi tis agapis ("O segredo do amor", 1984), de Tonia Marketaki, está baseada na novela de Theotokis.

Traducións En castelán La honra y el dinero (2016). Tradución directa ao castelán de Panagiota Papadopoulou e Francisco Javier Moral Arévalo. Centro de Estudos Bizantinos, Neogregos e Chipriotas (Universidade de Granada).

En galego A honra e os cartos (2020). Tradución directa ao galego de Alfonso Blanco Quintela. Hugin e Munin.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A honra e os cartos (Bitraga)

Categoría:Obras traducidas do grego ao galego Categoría:Literatura en lingua grega Categoría:Novelas ambientadas en Grecia