Mamede Casanova, coñecido como Toribio de Mañón, nado nas Grañas do Sor (Mañón) en 1883, foi un dos bandidos galegos máis coñecidos de comezos do século XX.
Traxectoria Ferreiro nas Grañas do Sor. En novembro de 1900 asaltou, con outras persoas, a Casa reitoral da Graña. A intención era asustar ao cura mais tamén levaron os cartos que atoparon na casa. O crego escapou pero morreu a súa criada. Despois desa noite Casanova foi acusado de asasinato. Foi perseguido pola Garda Civil pola comarca de Ortigueira. Tres anos de continuos apresamentos, fugas e asaltos que fixeron del unha figura case lendaria.
As lendas falan de que tiña:"forza capaz de romper os grillóns, capacidade para quitalos, destreza para espirse e vestirse cos ferros postos, habilidades de xente para gañarse en pouco tempo a simpatía dos seus compañeiros de prisión e promover un disturbio que sería favorable para el, intelixencia para buscar e atopar axuda misteriosa entre as persoas fóra do cárcere que veñen axudalo nas súas fuxidas, disimulo e dominio fóra do normal" En 1903 intentou fuxir do cárcere da Coruña e foi trasladado ao castelo de Santo Antón. O delincuente galego, responsable da morte de dous curas, das feridas duns gardas civís así como de roubos, violacións e incendios, rompeu cadeas e grillóns e forzou portas grazas a súa capacidade física. Cumpriu condena en Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes e Figueras e logo de ser indultado o 28 de novembro de 1928, saíu en liberdade o 6 de decembro de 1928.El Eco de Santiago, 7-12-1928, p. 2.El Emigrado, 16-12-1928, p. 2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Bandidos
Categoría:Nados en Mañón Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en ano descoñecido