A selección de fútbol da Samoa Americana (en ) é o equipo que representa á Samoa Americana nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol da Samoa Americana, pertencente á Confederación de Fútbol de Oceanía e á FIFA. O estadio da Samoa Americana atópase en Pago Pago e o seu adestrador é Tunoa Lui.
Disputou o seu primeiro partido nos Xogos do Pacífico Sur de 1983, perdendo ante , daquela baixo o nome de Samoa Occidental, por 3:1. Nese torneo logrou tamén a súa primeira vitoria ao vencer a por 3:0. A partir de entón perdeu cada un dos seus encontros, o que a levou a ser recoñecida como a peor selección do mundo. En 2001, cun cadro de xogadores miguado polas dificultades de traslado da maioría dos titulares, Samoa Americana perdeu 31:0 contra nun partido válido para a clasificación á Copa Mundial de 2002, o que representa a maior goleada na historia do fútbol internacional.
Finalmente, tivo o seu reencontro coa vitoria, e o seu primeiro partido gañado como membro da FIFA, en 2011, cando nas eliminatorias para a Copa das Nacións da OFC de 2012 derrotou a 2:1. Catro anos despois, volveu gañar aos tonganos e ás , mais non puido clasificar ao certame continental por ser superado en diferenza de goles por Samoa, máis especificamente por un gol sendo até agora a maior proeza do fútbol samoamericano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Fútbol na Samoa Americana