miniatura|dereita|250px|Mapa etnolingüístico de Burkina Faso.
Burkina Faso é un país multilingüe. Estímase que unhas 70 linguas son faladas alí, das cales unhas 66 son indíxenas do territorio.Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. (Page on "Languages of Burkina Faso.") O mossi é falado por volta do 51 % da poboación (2006), principalmente na rexión central ao redor da capital, Uagadugú.
No oste do país as linguas mandés son as dominantes, destacando o diula, o bobo, o samo e o marka. O peul (), unha variedade do fulani, fálase no norte, porén é moi falado en todo o país como lingua franca. O gourmantché fálase no leste, mentres que o bissa é propio do sur.
A educación para xordos en Burkina Faso usa a lingua de sinais americana, que foi introducida polo misioneiro xordo estadounidense Andrew Foster. A lingua de sinais de Burkina Faso úsase en Uagadugú.
Linguas de traballo As linguas de traballo son o francés, que foi introducido cando Francia colonizou Burkina Faso en 1919, e o inglés. O francés é unha lingua de ensino nas escolas do país. Non obstante, menos do 15 por cento da poboación usa o francés no día a día.Kone 2010, páxina 9 A pesar desta baixa porcentaxe, hai un grande apoio para manter o francés como lingua de ensino porque proporciona aos nenos un camiño cara á mobilidade social e garante un apoio económico continuo á educación.Kone 2010, p. 12 De feito, segundo un informe de 1998, "os burkinenses non viron interese en enviar aos seus fillos á escola para aprender unha lingua que xa falaban na casa".Kone 2010, p. 15
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lista de Ethnologue das linguas de Burkina Faso