STARAD, acrónimo de STARfish RADiation, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 26 de outubro de 1962 a bordo dun foguete Thor Agena D desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características STARAD foi lanzado para estudar os cintos de radiación artificiais creados pola proba nuclear Starfish Prime. O satélite consistía nunha etapa superior Agena D coa instrumentación científica acaroada. STARAD foi inxectado nunha órbita fortemente elíptica, pasando varias veces polos cintos de radiación producidos por Starfish Prime. O satélite reentrou na atmosfera o 5 de outubro de 1967.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Thor Agena D Base Vandenberg da Forza Aérea
Categoría:Satélites artificiais