Crithidia luciliae é un flaxelado parasito que utiliza a mosca Musca domestica como hóspede. Como forma parte da familia Trypanosomatidae, caracterízase pola presenza dun cinetoplasto, unha complexa rede de moléculas circulares de ADN bicatenario (dsDNA) entrelazadas dentro da mitocondria. A posesión do cinetoplasto fai que este organismo sexa importante na diagnose do lupus eritematoso sistémico. Ao usar C. luciliae como substrato para a inmunofluorescencia, este orgánulo serve para detectar anticorpos anti-dsDNA, unha característica común desa enfermidade.

Taxonomía C. luciliae é un protozoo unicelular eucariota. A familia Trypanosomatidae pertence á orde Kinetoplastida e caracterízase pola presenza de cinetoplastos, unha rede de moléculas de ADN circulares entrelazadas nunha gran mitocondria. Todos os organismos dentro de Kinetoplastida son parasitos, e o organismo hóspede para C. luciliae é Musca domestica.

Papel na diagnose do lupus eritematoso sistémico Os cinetoplastos que ten C. luciliae permiten usalo para a detección de anticorpos anti-dsDNA, un tipo de anticorpos antinucleares ao poñela en contacto con soro dun paciente. Os anticorpos antinucleares son unha característica común no lupus eritematoso sistémico, e os anticorpos anti-dsDNA son moi específicos da enfermidade. Unha alta concentración de dsDNA e a ausencia de antíxenos nucleares humanos no cinetoplasto supoñen un substrato específico para a detección de anticorpos anti-dsDNA.

Captación de nucleótidos púricos e nucleobases Como é un protozoo parasito, C. luciliae carece da capacidade de producir biosinteticamente bases púricas e, por tanto, necesita obtelas do ambiente que o rodea. Utiliza tres sistemas de transporte para a captación de bases nitroxenadas do organismo hóspede: un para a captación de adenosina e os seus análogos; outro para a guanosina, os seus análogos e inosina; e o terceiro para a hipoxantina, adenina e adenosina.

Notas

Categoría:Escavados Categoría:Parasitos Categoría:Cinetoplástidos Categoría:Inmunoloxía