Adolfo Herrera y Chiesanova, nado en Cartaxena o 10 de marzo de 1847 e finado en Madrid o 10 de marzo de 1925, foi un historiador, numismático e arqueólogo español, membro da Real Academia da Historia.
Traxectoria
Adolfo Herrera naceu en Cartaxena o 10 de marzo de 1847, no seo dunha familia que, pola rama materna, posuía varias explotacións mineiras na contorna de Cartaxena. A súa carreira profesional posterior estivo relacionada coa xestión destas empresas e tamén traballou no arsenal de Cartaxena.Abascal Palazón, J. M. "Adolfo Herrera y Chiesanova". Real Academia de la Historia (RAH.es).
O seu primeiro contacto coñecido coas antigüidades foi en 1868, cando organizou a recuperación de obxectos arqueolóxicos logo da demolición do castelo da Concepción en Cartaxena. En 1869 realizou diversas escavacións nesta cidade e en 1870 foi o interlocutor da comisión que xestionou o traslado de pezas desde Cartaxena ao Museo Arqueolóxico Nacional. Estas xestións levárono a tomar contacto e amizade con Juan de Dios de la Rada, daquela empregado do Museo e que máis tarde chegaría a ser director.
En 1871 Adolfo Herrera fundou a revista bimensual Cartagena Ilustrada, que apenas se mantivo durante 30 números, ata 1873. Tamén foi un dos fundadores, xunto con Enrique Serrano Fatigati, da Sociedade Española de Excursións, promotora do excursionismo científico, entidade de cuxo consello foi vogal.Castañeda, V. (1925). Páxina 2.
Instalado xa na capital do reino, entre 1872 e 1879 preparou a súa obra Medallas de Proclamaciones y Juras de los Reyes de España, publicada en 1882. Esta obra, cualificada por De la Rada como "a mellor e a primeira obra da súa clase en España", deulle a Herrera o recoñecemento internacional e abriulle o acceso a diversas institucións académicas, como é o caso da Real Academia da Historia, na que ingresou como membro correspondente en 1883; en 1901 acadou o seu posto como académico titular, como sucesor de Víctor Balaguer e logo do falecemento deste, e a partir de 1912 exerceu como tesoureiro da institución.
Cara a 1885 foi un dos socios fundadores da Sociedade Arqueolóxica de Carmona.
A finais do século, a figura de Herrera como erudito estaba xa moi consolidada e mantiña relacións epistolares e de amizade con personalidades como o bibliógrafo José Toribio Medina, intelectuais e políticos como Víctor Balaguer e Antonio Cánovas, e artistas como Mariano Benlliure. A súa estreita relación con persoeiros da política do seu tempo levárono figurar nas listaxes de candidatos a gobernadores provinciais de 1891-1892.
En 1895 emprendeu unha segunda iniciativa editorial, coa creación e a dirección da revista Historia y Arte,Castañeda, V. (1925). Páxina 3. que malia a súa efémera existencia (1895-1896) atreeu entre os seus colaboradores figuras senlleiras da intelectualidade e da creación literaria do seu tempo.
Entre 1899 e 1910 Herrera dedicouse á confección e a autoedición da súa amplísima serie editorial titulada Medallas españolas, composta por 56 volumes agrupados tematicamente.Véxase "(1899-1910)" en "Publicacións". Herrera editou unha tiraxe moi limitada deste traballo; nas súas propias palabras: "só imprimo para regalar doce exemplares que levan láminas, dedicados a museos e bibliotecas, e outros tantos sen aquelas, para que os coleccionistas a quen están dedicados se entreteñan, se gustan, en ilustralos".
Ao longo da súa traxectoria como erudito, Adolfo Herrera foi merecedor de diversos recoñecementos, como a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco (1902), o nomeamento como cabaleiro da Orde de Carlos III e receptor das medallas de Alfonso XII, da Guerra Civil e de Benemérito da Patria. Tamén foi nomeado membro correspondente da Xunta de Historia e Numismática da Academia Americana de Buenos Aires.Castañeda, V. (1925). Páxina 6.
Vida persoal Herrera casou con Magdalena Gil García (1851-1933). A partir do seu matrimonio, a parella viviu a cabalo entre Madrid e a súa residencia de verán en Santa Pola, Alacant, —vila na que foi vicecónsul do Perú desde 1909—, con estadías ocasionais en Cartaxena.
Adolfo Herrera y Chiesanova finou en Madrid o día 10 de marzo de 1925."Necrología: El académico don Adolfo Herrera". En La Época. 11 de marzo de 1925. Páxina 2. Uns días despois, a súa viúva doou á Real Academia da Historia a súa biblioteca e o seu arquivo persoal.Castañeda, V. (1925). Páxina 5.
Publicacións Adolfo Herrera publicou un bo número de artigos sobre diversos temas, sinaladamente sobre numismática, en revistas especializadas como Historia y Arte; Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, e Boletín de la Real Academia de la Historia. A seguir, lístanse os seus traballos monográficos máis significativos:Castañeda, V. (1925). Páxinas 3-5.
Numismática (1882). Medallas de Proclamaciones y Juras de los Reyes de España . Manuel Ginés Hernández, Madrid.De la Rada y Delgado. J. D. (1882). “Sobre el libro titulado Medallas de proclamaciones y juras de los reyes de España”. En Boletín de la Real Academia de la Historia. 2. Páxinas 338-346. (1899-1910). Medallas españolas (56 volumes). A. Herrera, Madrid. (1899). Viages regios . (1899-1901). Bodas reales . (1899-1901). Exposociones . (1899-1903). Obras públicas . (1899-1904). Academias y sociedades científicas y literarias. Fundaciones y premios . (1899-1905). Religiosas . (1899-1905). Personales . (1899-1906). Centenarios . (1899-1906). Militares, navales y político-militares . (1901). Constituciones. (1901-1906). Advenimientos al trono, defunciones [...] a personas reales no comprendidas en los anteriores grupos. (1904). Visitas de personas reales a las zecas . (1905). Procedimientos para la acuñación . (1905). Gobierno Provisional (1868) - República . (1905). Natalicios de personas reales . (1905). Masónicas . (1910). Apéndice . (1901). Medallas de los Gobernadores de los Países Bajos en el reinado de Felipe II . A. Herrera, Madrid. (1914). El duro: estudio de los reales de á ocho españoles y de las monedas de igual ó aproximado valor labradas en los dominios de la Corona de España. Tomo I / Tomo II . Real Academia de la Historia, Madrid.
Outros
(1896). Excursión a Elche: auto lírico-religioso en dos actos representado todos los años en la Iglesia Parroquial de Santa María de Elche los días 14 y 15 de agosto. Faustino Echevarría, Madrid.Castaño, J. (2015). "Excursión a Elche: Auto lírico-religioso en dos actos, representado todos los años en la parroquia de Santa María los días 14 y 15 de agosto". Patronat del Misteri d'Elx.Castaño García, J. (2014). "L'excursió a Elx d'Adolfo Herrera Chiesanova (1896)". En La Rella. Institut d'Estudis Comarcals del Baix Vinalopó. Nº 27. Páxinas 31-52.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Abascal, J. M. (2006-a-). "Las cartas del Marqués de Cerralbo a Adolfo Herrera y los Catálogos monumentales de España". En Lucentum. XXV. Páxinas 215-222. Abascal, J. M.; Cebrián, R. (2006-b-). Adolfo Herrera Chiesanova (1847-1925). Su legado en la Real Academia de la Historia. Región de Murcia / Real Academia de la Historia. Madrid. ISBN 84-95983-81-8 Castañeda, V. (1925). “Necrología: El excelentísimo señor don Adolfo Herrera y Chiesanova”. En Boletín de la Real Academia de la Historia. Suplemento xaneiro-marzo. Páxinas 1-6.
Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Historiadores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Orde de Carlos III