Streak ou STP-R1 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 23 de setembro de 2005 a bordo dun foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características Streak era un satélite experimental con algúns obxectivos aínda clasificados. A súa misión era probra novas tecnoloxías e recoller información sobre as condicións no espazo que poidan afectar a futuros satélites. Levaba polo menos dous instrumentos a bordo:

Un medidor de ións. Un sensor de oxíxeno atómico.

O satélite tiña 417 kg de masa e foi construído usando o bus SA-200HP. Reentrou na atmosfera o 28 de xuño de 2006.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Minotaur 1

Categoría:Satélites artificiais