Space Tracking and Surveillance System Advanced Technology Risk Reduction, coñecido tamén pola súa sigla, STSS-ATRR, foi un satélite de probas dos Estados Unidos lanzado o 5 de maio de 2009 a bordo dun foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características STSS-ATRR era un satélite experimental da Axencia de Defensa de Mísiles para estudar novas tecnoloxías asociadas á detección de mísiles. Usaba o bus SA-200HP e foi o predecesor dos satélites STSS.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delta 7920 STSS
Categoría:Satélites artificiais