A indixestión, ou dispepsia, é un trastorno do organismo que consiste nunha mala dixestión.
Terminoloxía O DRAG distingue a indixestión, que equipara ao empacho, cun trastorno pasaxeiro, mentres que define a dispepsia como "Trastorno da dixestión, xeralmente de carácter crónico".
O termo dispepsia provén do grego antigo "δυς-" [dys-], dificultade e "πέψη" [pepse], dixestión.
TiposTalley NJ, Colin-Jones D, Koch KL, et al. (1991) Functional dyspepsia. A classification with guidelines for diagnosis and management. Gastroenterol Int 4:145–160.
Dispepsia orgánica: A causa foi diagnosticada como doenza orgánica como úlcera péptica crónica, refluxo gastroesofáxico, carcinoma, doenza pancreática ou biliar, intolerancia a un alimento ou efecto colateral dun medicamento. Dispepsia funcional: A maior parte dos casos; despois de exames a causa continua incerta. Pode ser unha gastrite ou unha enterite por Helicobacter pylori, unha hipersensibilidade visceral, un disturbio da motilidade, un trastorno de ansiedade ou un disturbio do humor. Pode ser subdivida en similar a ulcerativa cando hai dor e queimazón ou similar a dismotilidade cando predominan outros sintomas. Dispepsia non investigada: Clasificación usada antes dos exames diagnósticos.
Sintomas O enfermo pode sentir un estómago cheo, azia ou ardentía, náuseas, arrotos ou dor no abdome superior.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aparello dixestivo Dixestión Omeprazole
Categoría:Doenzas dixestivas