O omeprazole ou omeprazol é un inhibidor da bomba de protóns (IPP) usado para tratar a dispepsia, a úlcera péptica, a enfermidade de refluxo gastroesofáxico (ERGE) en adultos e nenos, síntomas do esófago de Barrett, infección por Helicobacter pylori, refluxo laringofarínxeo, síndrome de Zollinger-Ellison ou esofaxite erosiva.

Efectos secundarios O consumo prolongado e continuado de omeprazol ou pantoprazol pode diminuír a absorción da vitamina B12 e provocar problemas de saúde. Ademais, tomar omeprazol ou outros IBP xunto con antiinflamatorios non-esteroides durante moito tempo altera a microbiota intestinal e favorece a aparición de lesións na mucosa do intestino delgado. Experimentos con ratos mostran que o seu uso frecuente e en altas doses diminúe a densidade mineral ósea. Describíronse algúns casos raros de alucinacións visuais en anciáns secundarias ao tratamento con omeprazol. Hai que ter coidado ao axustar a dose en pacientes que reciben clopidogrel, xa que a actividade deste axente antiagregante plaquetario diminúe. Raramente, a administración intravenosa de omeprazol é a fonte de rabdomiólise grave.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Omeprazol|Estrutura|Síntese|Mecanismo de acción|Usos|Efectos secundarios DRUGpharma. xuño de 2021 Omeprazol/Esomeprazol: mecanismo farmacolóxico Síntese de fármacos. febreiro de 2022

Categoría:Medicamentos esenciais da Organización Mundial da Saúde Categoría:Fármacos