Serafín Carballo Aguiar, nado cara a 1866 e finado en Santa Locaia (Castro de Rei) o 12 de xullo de 1942, foi un político galego.

Traxectoria Foi secretario do Xulgado municipal de Castro de Rei e despois xuíz municipal. Foi presidente do Sindicato Agrícola de Castro de Rei en 1922.La Voz de la Verdad, 11-10-1922, p. 2. Na ditadura de Primo de Rivera foi subcabo do Somatén.La Provincia, 24-11-1928, p. 3. Na Segunda República integrouse no Partido de Centro de Portela Valladares e logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado polo gobernador civil presidente da comisión xestora de Castro de Rei en marzo de 1936.Alborada, 26-3-1936, p. 10. Ao pouco tempo o gobernador nomeou unha nova xestora que elixiu presidente a Severino Rivas Barja a principios de maio. Finou en Santa Locaia o 12 de xullo de 1942 aos 76 anos.El Progreso, 14-7-1942, p. 3.

Vida persoal Casou con María Rivas López e foi pai de Inés Carballo Rivas.

Notas

Categoría:Alcaldes de Castro de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1942