Lars-Emil Johansen, nado en Illorsuit o 24 de setembro de 1946, é un político groenlandés que exerceu como o segundo primeiro ministro de Groenlandia dende 1991 a 1997, e foi Presidente do Inatsisartut dende 2013 a 2018. Johansen foi presidente do partido Siumut entre 1987 e 1997, e foi deputado do Parlamento de Groenlandia dende a súa creación en 1979. Antes diso foi representante de Groenlandia no Parlamento de Dinamarca dende 1973, unha posición que recuperou en 2001 e mantivo até 2011. Tamén foi presidente do Consello Nórdico Occidental dende 2015 até 2016.
Traxectoria Naceu en Illorsuit, un pequeno asentamento preto de Uummannaq no concello de Qaasuitsup, como fillo do axente comercial Kristian Johansen e da parteira do distrito Elisabeth Johansen; Biography on the website of the Danish Parliament (Folketinget) Consultado o 20 de marzo de 2017 a súa nai fora a primeira muller membro do consello do país de 1959 a 1975.
En 1970, Johansen rematou a súa educación como profesor, e ao ano seguinte foi elixido para o consello do país de Groenlandia, a autoridade local máis poderosa de Groenlandia antes da creación do Inatsisartut.
Foi nomeado comandante da Orde do Dannebrog dinamarquesa e da Real Orde do Mérito de Noruega, así como de dous tipos de Nersornaat, o Nersornaat de prata e o Nersornaat de ouro ( Medalla de Groenlandia ao Servizo Meritorio).
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Políticos de Siumut Categoría:Primeiros ministros de Groenlandia Categoría:Presidentes do Parlamento de Groenlandia Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de Groenlandia Categoría:Ministros de Pesca de Groenlandia Categoría:Ministros de Finanzas de Groenlandia