miniatura|left|Donau City, en Viena. Austria, co súa forte economía de mercado e alto padrón de vida, ten ligazóns estreitas con outros países da Unión Europea, en especial Alemaña. Ten un forte sector de servizos, un expresivo sector industrial e un sector agrícola pequeno, pero desenvolvido. O país tamén está beneficiandose de fortes relacións comerciais, especialmente no sector bancario e de seguros, cos países da Europa Central, Leste e Sueste.

Despois de varios anos de forte demanda polas exportacións austríacas e dun gran crecemento do nivel de emprego, a crise económica mundial do 2008 trouxe unha recesión profunda, pero de curta duración. A economía retraiu 3,9% o 2009 pero rexistrou un crecemento de 2% en 2010 e 3% en 2011. O desemprego non creceu tanto como noutras rexións da UE, en parte por mor de subvencións do goberno para as empresas, que aplicaron a redución da xornada de traballo, sen despedimentos. As medidas de estabilización e de estímulo, e tamén unha redución no imposto sobre a renda resultaron o crecemento do déficit público en 4,7% en 2010 e 3,6% en 2011, en comparación con só 1,8% en 2008.

O país fai parte da Unión Europea, dende o 1 de xaneiro de 2005. É a 36ª economía do mundo en tamaño e a 4ª da UE.

Datos económicos do 2010 Valores en dólares PIB: $ 332,6 mil millóns PIB por habitante: $ 40.300 Forza de traballo: 3,7 millóns Crecemento económico: 2% Inflación: 1,9% Produción do Sector terciario: 69,1% do total do PIB Produción do Sector secundario: 29,4% do total do PIB Produción do Sector primario: 1,5% do total do PIB

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Coroa austrohúngara Coroa austríaca Casa da Moeda de Austria Euro

bn:অস্ট্রিয়া#অর্থনীতি