David de Dios Arana, máis coñecido como David de Dios, nado en Vigo o 24 de xaneiro de 1981, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria David de Dios Arana chegou ó RC Celta no verán do 2004 con 23 anos para emprender unha longa etapa nas categorías inferiores do club. O seu primeiro gran posto dentro da canteira celeste foi en 2012/2013 cando se fixo cargo do Xuvenil A. No seu primeiro ano adestrando na División de Honra o Celta gañou o campionato, sendo o seu conxunto o mellor Xuvenil A da historia da entidade tras conseguir 79 puntos en trinta xornadas de liga. Neste conxunto estaban xogadores de renome como Santi Mina e David Costas. O equipo clasificouse para a Copa de Campións, disputada en Vigo. Grandes vitorias ante o Real Madrid e o Villarreal CF catapultaron os celestes á final, na que se impuxeron pola mínima ao Sevilla Fútbol Club.
Tras esta experiencia a David ascendérono ao Celta B o máximo filial de referente con moitos dos seus vellos xogadores. A tempada sería mala e só prosperada a vía administrativa puido o filial celeste manterse en Segunda B.
Cun pouco máis de experiencia, David regresou ó Xuvenil A na tempada 2014/2015. Dous anos máis tarde renovou o seu vello título de liga e participou na Copa de Campións caendo nas semifinais ante o Rayo Vallecano de Madrid . Na súa tempada final David erguería novamente os ánimo da canteira acadando outro título da División de Honra así como deixando pegada na Copa do Rei e de Campións.
En xullo de 2020 De Dios finalmente abandona a canteira celeste, optando polo Rápido de Bouzas como o seu primeiro equipo fóra daquel mundo co obxectivo de medrar coma adestrador. A pesar do bo xogo durante eses dous exercicios no conxunto ao non acadar o playoff De Dios sería destituído poñendo fin á súa primeira étapa no conxunto de Bouzas.
Medio ano máis tarde retornaría coincidindo cunha profunda renovación do Rápido de Bouzas carvando unha estrutura máis sólida na pugna polo ascenso a Segunda RFEF, De Dios impulsou o conxunto cara ao playoff, mais sería o Racing Club Vilalbés quen levaría o encontro e, ao final, o posto de promoción.
Co play-off aínda na memoria De Dios ficharía polo Coruxo FC, pasando a adestrar na Segunda RFEF ao substituír a Javier Maté para a tempada 2023/2024. Na súa primeira tempada De Dios lideraría a un Coruxo con certas luces pero que quedaría resignado a unha décima posición só a dous puntos do descenso. A súa segunda tempada sería aínda máis problemática dirixindo o conxunto vigués durante 26 xornadas cun balance negativo de 8 vitorias, 6 empates e 12 derrotas; sendo a derrota co filial do Valladolid por dous goles o derradeiro golpe para o local. De Dios deixaría o Coruxo nunha posición precaria a falta de 8 xornadas con 30 puntos a dous do descenso e cos mesmos do equipo en zona de playoff de descenso o UD Llanera. O sucesor de De Dios sería Javier Fernández Pereira. En outubro de 2025 De Dios comezou unha nova etapa en Asturias como técnico auxiliar de Borja Jiménez no Sporting de Gijón.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Rápido de Bouzas Categoría:Adestradores do Coruxo FC Categoría:Adestradores do Celta de Vigo B