Camila Choqueticlla Mamani, máis coñecida polo nome Sabina Choqueticlla, nada en Oruro en 1950 e finada en El Alto en xaneiro de 2014, foi unha líder aimará, guerrilleira, política e candidata á vicepresidencia de Bolivia durante as eleccións presidenciais de 2005.

Traxectoria Choqueticlla naceu no departamento de Oruro, ao oeste de Bolivia. Foi militante do EGTK.

Na década de 1980 formou parte do MITKA, Movemento Indio Tupak Katari, do cal se arredou posteriormente xunto a Felipe Quispe, José Aramayo e Fernando Surco.

miniatura|dereita|Confederación Bartolina Sisa. Foi unha das fundadoras da Confederación Nacional de Mulleres Labregas Indíxenas Orixinarias de Bolivia - Bartolina Sisa en 1980, cando a denominación e figura da organización foi a de Federación Nacional Mulleres de Bolivia Bartolina Sisa e desenvolveu o rol de dirixente nas súas diferentes etapas. En 1986 foi elixida líder da organización, conseguindo en 1989 que a organización tivese a mesma xerarquía ca a Confederación Sindical Única de Traballadores Labregos de Bolivia .

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Finados en 2014 Categoría:Bolivianos de ascendencia aimará Categoría:Indixenistas de América