Callitriche hamulata é unha especie de planta con flores pertencente á familia Plantaginaceae.

Descrición É unha planta submergullada con talos finos e ramificados duns 20-70 cm de longo. As follas estreitas e verde claro son de ata 6 cm de de longo e 1-2 mm de ancho, lixeiramente ensanchadas na punta. As follas que poden flotar enriba da auga, son máis curtas e anchas, tamén son de cor marrón claro ou verde rosado.W. Vivian De Thabrew , p.43. Ten pequenas flores e froitos verdes discretos, e ten un período de floración entre maio e outubro.

Taxonomía esquerda|miniatura| Figura de Deutschlands Flora in Abbildungen, ilustrada por Johann Georg Sturm. Foi descrita por Wilhelm Daniel Joseph Koch antes de ser publicada amplamente por Friedrich Traugott Kützing na colección 'Synopsis Florae Germanicae et Helveticae' 246 en 1837.

O epíteto específico latino hamulata deriva de hamatus que significa "con ganchos" ou "gancho", referíndose ao extremo ganchudo das follas.

Distribución miniatura| Foto das Altas Ardenas, Bélxica. Callitriche hamulata é orixinaria dunha ampla área, que se estende desde Groenlandia,Jon Feilberg , p. 13. e Islandia, a través de Europa ata o noroeste de África.

Hábitat Atópase en correntes de fluxo rápido,S. M. Haslam e P. A. Wolseley , p. 46. que están ben osixenadas, e en augas doces, desde o nivel do mar ata uns 1200 m sobre o nivel do mar. Esta planta pode medrar en augas pouco profundas e tamén pode adaptarse a un nivel de auga máis profundo, especialmente despois das inundacións. Tamén se pode atopar en ou preto de lagoas, cunetas, en augas tranquilas ou lentas.

Notas

Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1837 Categoría:Flora de Galicia