Cristina Fernández, nada en Montevideo o 13 de novembro de 1946, é unha música popular uruguaia, principalmente recoñecida pola súa traxectoria xunto a Washington Carrasco con quen conforma un dúo.

Traxectoria Cristina Fernández cursou os seus estudos de guitarra con Daniel Viglietti e de canto con Nelly Pacheco e Mabel Moreno. Nos seus inicios artísticos pertenceu a varios grupos intérpretes de música latinoamericana. Tamén actuou como solista, principalmente coa interpretación de cancións e poesía galega, idioma co que ten un profundo arraigamento debido á súa ascendencia familiar. En 1976 participou no espectáculo Inti Canto realizado na Alianza Francesa de Montevideo, o cal estaba dirixido por Washington Carrasco e a partir dese momento deciden a integración do dúo co que continúan as súas presentacións artísticas ata o presente.

Discografía Solista Falade Galego (La Batuta LBC 002. 1983) Unha terra, un pobo e unha fala (Ceibo CSLP 75511-4. 1985) Mel e Cerna (Orfeo. 1992) Raigames (Orfeo / EMI 4 96937 2. 1998) Lembranza (2003) Cristina Fernández canta a Rosalía de Castro (Ayuí / Tacuabé a/e375cd. 2012) Palabras de amor (Ayuí / Tacuabé a/e446cd. 2020)

Con Washington Carrasco De puerta en puerta (R.C.A. Victor LPUS 332. 1980) Habrá un mañana (R.C.A. Victor TLP-50118. 1983) Uniendo pedazos de palabras (1984) Vidamorymuerte (con Estela Castro. Selos Ceibo e Orfeo. 1984) Antología (Ceibo SCC 75518. 1987) Sorocabana... al sur de la nostalgia (Ceibo CSLP 75515. 1987) Antología II (1987) Mel es cerna (1988) Washington y Cristina en Japón (Orfeo 91038-1. 1989) Nuestras canciones (Orfeo / EMI 8 21472 2. 1990) Por sobre el ala de un pájaro (Orfeo CDO 137-2. 1996) Nos queda la palabra (2002) El poema y la canción (coa Banda Sinfónica Municipal. 2004)

Colectivos Canto popular uruguayo (xunto ó Grupo Vocal Universo. RCA Victor TLP-50026. 1982) Reunión en libertad (xunto a varios artistas latinoamericanos. 1984) Reunión en libertad II (xunto a varios artistas latinoamericanos. 1986) Viento esteño (1993) Ágape (sobre textos de Jorge Arbeleche, xunto a Antonio Larreta e Andrés Stagnaro, entre outros. 1999)

Recoñecemento O Ministerio de Educación y Cultura (MEC) da República Oriental do Uruguai outorgoulle en 2019 a Washington Carrasco e Cristina Fernández a Medalla Delmira Agustini, que distingue os referentes da cultura uruguaia.

Washington Carrasco e Cristina Fernández foron declarados Cidadáns Ilustres de Montevideo en abril de 2010 "pola súa destacada traxectoria na música popular uruguaia".

A Cámara Uruguaya del Libro otorgoulle o Premio Legión del Libro, que se concede os uruguaios que promovan a literatura.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Músicos do Uruguai Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1946 Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Uruguaios de ascendencia galega