Javier Teijeira Brunet, nado na Ponte do Porto (Camariñas) en 1913 e finado en Pamplona o 26 de xuño de 2011, foi un médico galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Teijeira Hernández (de Camariñas) e da coruñesa Rafaela Brunet Pazos, quen casaron por poderes en 1909.

Participou na guerra civil no bando golpista ao mando do xeneral Mohammed ben Mizzian, chegando no exército ao grao de tenente coronel de Artillería. Recibiu a Cruz Vermella ao Mérito Militar.

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en 1951 doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid coa tese Estudio analítico del crecimiento. Exerceu inicialmente como pediatra e dende 1954 como electrofisiólogo, sendo pioneiro no desenvolvemento da Neurofisioloxía Clínica en España. No 1959 marchou a Navarra, onde forma parte do grupo fundacional da Facultade de Medicina da Universidade de Navarra e da Clínica Universitaria de Navarra. Finou en Pamplona o 26 de xuño de 2011.Muere Javier Teijeira, ex vicedecano en la Facultad de Medicina

Vida persoal Casou con Áurea María Victoria Álvarez Varela en 1941 e tivo sete fillos: Aurita, Gerardo, Javier, Jose Manuel, Rafael, Lourdes e María Jesús.

Notas

Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes