Carlos Manuel Guimarães Oliveira Pinto, máis coñecido coma Carlos Guimarães Pinto (Espinho, Portugal, 21 de agosto de 1983) é un economista, autor, profesor universitario e político portugués. Foi o segundo presidente do partido político Iniciativa Liberal, ata que abandonou o cargo en 2019, sendo sucedido por João Cotrim de Figueiredo . Foi elixido deputado na Asemblea da República de Portugal nas eleccións lexislativas de 2022, pola circunscrición de Porto .
Biografía Carlos Guimarães naceu en Paramos, no concello de Espinho, onde pasou a súa infancia e estudou o ensino secundario.
Licenciouse en Economía pola Universidade do Porto en 2006. Un ano despois trasladouse aos Emiratos Árabes Unidos, onde traballou como consultor de telecomunicacións e estratexia dixital. Durante este tempo, coescribiu un libro, participou en blogs e xornais de intervención política centrándose na crise económica de Portugal. Regresou a Portugal en 2015 para doutorarse en Economía, despois de defender a súa tese de doutorado en 2021.
É investigador da área de Economía Internacional e deputado elixido pola Iniciativa Liberal.
Guimarães Pinto padece dun lixeiro tartamudeo, condición que el mesmo recoñece abertamente. É agnóstico.
Política É autor de varios artigos de análise económica e blogs. Deuse a coñecer ao público a través das súas crónicas en xornais económicos, especialmente na web informativa ECO e no blog O Insurgente . Foi convidado a liderar o partido Iniciativa Liberal tras a dimisión do anterior presidente Miguel Ferreira da Silva. Con el mesmo liderando o partido, a Iniciativa Liberal conseguiu elixir un deputado, para o círculo electoral de Lisboa, nas primeiras eleccións lexislativas que o partido disputou, converténdose así no primeiro partido en defender abertamente o liberalismo europeo na Asemblea da República.
O 25 de xaneiro de 2021 anunciou, xunto con Adolfo Mesquita Nunes (antigo polítoco do CDS-PP ) e Carlos Moreira da Silva, a creación do think tank MaisLiberdade , que se dedica a compartir información e datos sobre políticas liberais en todo o mundo. En decembro de 2021 anunciou a súa candidatura, de novo polo partido IL, á Asemblea da República, para o cargo de deputado . Preséntase pola Circunscripción Electoral do Porto, onde reside, a pesar de nacer no distrito de Aveiro.
O 30 de xaneiro de 2022 foi elixido Deputado de Iniciativa Liberal polo Círculo de Porto.
Bibliografía
A força das ideias: histórias de uma eleição. Portugal: Alêtheia. 2020. ISBN 9789898906588 A crise resolvida. Portugal: edição de autor. 2013. ISBN 9781482397451
Coautor
Juntos, Somos Quase um um 31: Liberais à Solta!. Portugal: Alêtheia. 2019. ISBN 978-989-890-613-7 Linhas Direitas: Cultura e Política à Direita. Portugal: Dom Quixote. 2019. ISBN 9789722069212 Milhões a Voar: as mentiras que nos contaram sobre a TAP. Portugal: Alêtheia. 2022. ISBN 9789899077331
Notas
Ligazóns externas
Declaración política presentada ao Congreso dos Partidos Liberais Europeos (ALDE) Biografía de autor en Esfera dos Livros, Carlos Guimarães Pinto Carlos Guimarães Pinto: do Dalai Lama ao liberalismo, por Sara Capelo, sábado, 14.09.2019 Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Economistas de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Nados en Espinho Categoría:Nados en 1983