miniatura| Varuna emerxe das ondas a Rama revelándolle que era o avatar de Vishnu.Rama encounters Varuna, god of the sea. Rama (en sánscrito no devanágari : राम), no hinduísmo, é considerado un dos avatares do deus Vishnu. A el está dedicado o poema sagrado Ramáiana ou Ramayana, unha das narracións históricas (Itihasas) máis respectadas e veneradas da cultura védica.

Significado e historia O nome Ramachandra significa "a fonte de todo o pracer", facendo un paralelismo con Chandra (a lúa), pola súa beleza e serenidade que ilumina a terra. A vida de Rama exemplifica a adhesión ao dharma, o deber moral e social. Pola honra ao seu pai, Rama renuncia ao seu dereito ao trono de Kosala e acepta un exilio de catorce anos na selva, acompañado pola súa esposa Sita e o seu irmán Lakshmana.

Rama é considerado o ideal de virtudes —un fillo perfecto, un esposo fiel, un irmán cariñoso, un amigo leal e un gobernante xusto—. A súa historia, incluíndo o seu casamento con Sita e a batalla contra o demo Ravana con axuda de Hanuman, é descrito no Ramáiana.

Rama na cultura popular Na literatura moderna, Rama transcendeu os límites dos textos relixiosos. Un exemplo é a novela Cita con Rama (Rendezvous with Rama) de Arthur C. Clarke, publicada en galego pola editorial Hugin e Munin, onde se emprega o nome desta deidade para unha nave espacial extraterrestre. Outros tres libros de Clarke e Gentry Lee fan mención á mesma nave: "Rama II" (1989), "The Garden of Rama" (1991) e "Rama Revealed" (1993).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Deidades do hinduísmo Categoría:Literatura da India Categoría:Avatares de Vishnu