Jérôme Eugène Coggia (18 de febreiro de 1849 - 15 de xaneiro de 1919) foi un astrónomo francés do século XIX e descubridor de asteroides e cometas, que naceu na cidade corsa de Ajaccio.

Traballando no Observatorio de Marsella de 1866 a 1917, Coggia descubriu unha serie de cometas, incluíndo o brillante "Cometa de Coggia" (C/1874 H1). O cometa periódico 27P/Crommelin chamábase anteriormente "Cometa Pons-Coggia-Winnecke-Forbes". O Minor planet center tamén lle atribúe o descubrimento de 5 asteroides en Marsella entre 1868 e 1899.

Coggia foi galardoado pola Academia Francesa de Ciencias co seu Premio Lalande en 1873 e de novo en 1916 The Observatory, Vol. 41 (1918), p. 142. (online)

Planetas menores descubertos +Planetas menores descubertos: 5;96 Aegle17 de febreiro de 1868MPC187 Lamberta11 de abril de 1878MPC193 Ambrosia28 de febreiro de 1879MPC217 Eudora30 de agosto de 1880MPC444 Gyptis31 de marzo de 1899MPC

Cometas descubertos ou co-descubertos C/1870 Q1 (Coggia) 27P/Crommelin C/1874 H1 (Coggia) C/1874 Q1 (Coggia) C/1877 R1 (Coggia) C/1890 O1 (Coggia)Award of the DONOHOE Comet-Medal, Publications of the Astronomical Society of the Pacific, vol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas J. Coggia @ Astrophysics Data System Jerome Eugene Coggia, Astronomie-Homepage von Wolfgang Steinicke

Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Astrónomos de Francia