A AC-190 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades do Carballo e O Porto de Santa Cruz; ambas no concello de Oleiros. Ten unha lonxitude de 2,45 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-180 no Carballo (Oleiros) e finaliza nun cruzamento coa DP-5811 no Porto de Santa Cruz (Oleiros).
Notas
Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Oleiros