O Embraer EMB-505 Phenom 300 é un avión executivo lixeiro deseñado e producido pola construtora aeronáutica brasileira Embraer. Certificado para operacións cun único piloto, pode levar ata 11 ocupantes.

O traballo no Phenom 300 comezou en resposta a demandas de clientes para un reactor privado máis grande que o Phenom 100. Aínda que o equipo de deseño orixinalmente pretendía que a aeronave fose un derivado directo do Phenom 100, máis tarde adoptouse un enfoque de folla limpa. O Phenom 300 ten motores máis potentes, engadíronselle spoiler e winglets, xunto cunha cabina alongada para acomodar máis pasaxeiros. Varias características, dende a súa cabina e deseño interior ata o seu tren de aterraxe e estrutura, proceden do Phenom 100.

O prototipo do Phenom 300 realizou o seu voo de estrea o 29 de abril de 2008. O avión recibiu a súa certificación de tipo o 3 de decembro de 2009, permitindo a súa entrada en servizo ese mesmo mes. Dende 2013 ata 2016 o Phenom 300 foi o avión executivo máis entregado, acumulando 266 entregas nese período. Durante o mes de marzo de 2019, Embraer entregou o seu 500º Phenom 300, reclamando máis da metade da cota de mercado de reactores lixeiros desde 2012. O 31 de xaneiro de 2020 Embraer anunciou que estaba a implementar un paquete de actualizacións para o Phenom 300. A certificación do Phenom 300E mellorado recibiuse en marzo de 2020.

Notas

Categoría:Aeronaves de Embraer Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2008