Nieuport & General Aircraft Company Ltd foi un fabricante de avións británico, establecido durante a primeira guerra mundial para construír avións franceses Nieuport baixo licenza, que pechou en 1920.
Historia O 16 de novembro de 1916, Samuel Waring, o propietario do fabricante de mobles Waring & Gillow, estableceu a Nieuport & General Aircraft Company en Cricklewood, Londres, para construír o caza francés Nieuport 11 baixo licenza.Gunston 2005, p. 33Flight 16 de novembro de 1916, p. 1016 A compañía fabricou 50 cazas Nieuport 17bis antes de cambiar a produción cara o máis capaz Sopwith Camel,Bruce 1976, p. 152 construíndo 400 Camels, e con 100 Sopwith Snipes sendo entregados tras a guerra.Bruce 1957, pp. 591-592
En 1917, unha investigación oficial (o Informe Burbidge) sobre as actividades da Royal Aircraft Factory levou a deter o deseño e construción de avións en Farnborough e a separación dos equipos de deseño da fábrica. Nieuport & General aproveitouse desta situación para contratar a Henry Folland, o deseñador do caza S.E.5, como deseñador xefe.Bruce 1965, p. 168 Folland deseñou unha serie de avións, e o caza Nieuport Nighthawk foi ordenado para a produción en agosto de 1918,Mason 1992, p. 150 pero o fallo do motor escollido para alimentalo xunto co final da primeira guerra mundial, fixo que a produción finalizase e o Nighthawk non entrase en servizo.
Nieuport & General deixou de operar en agosto de 1920, xunto coas outras compañías de aeronaves propiedade de Waring, British Aerial Transport (BAT) e Alliance Aeroplane Company.Bruce 1957, p. 32Flight 19 de agosto de 1920, p. 907 Folland foi contratado pola Gloster Aircraft Company, continuando o desenvolvemento do Nighthawk.James 1971, pp. 7-9
Avións
Nieuport B.N.1 Nieuport Nighthawk Nieuport London
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bruce, J.M. (1957). British Aeroplanes 1914–18. London: Putnam. Bruce, J.M. (1965). War Planes of the First World War: Volume One: Fighters. London: Macdonald. Bruce, J. M. (1976). "Those Classic Nieuports". Air Enthusiast Quarterly, Number Two. Bromley: Fine Scroll. pp. 137–153. Gunston, Bill (2005). World Encyclopedia of Aircraft Manufacturers. Stroud: Sutton Publishing (2ª edición). . James, Derek N. (1971). Gloster Aircraft since 1917. London: Putnam. . Mason, Francis K. (1992). The British Fighter since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press. .
"New Companies Registered". Flight, 16 de novembro de 1916. p. 1016. "Our Designing Staffs and Their Future: A Word of Warning". Flight, 19 de agosto de 1920. p. 907. Robertson, Bruce. (1970). Sopwith—The Man and His Aircraft. Letchworth: Air Review. .
Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas do Reino Unido