Ardata foi unha cidade situada nas montañas ao leste da moderna Trípoli e non lonxe de Ullaza que se chama actualmente Tell Arde e foi escavada.
Foi a primeira cidade interior que ocuparon os exipcios sobre a metade do século XV a. C. despois de desembarcar en Ullaza. Pertencía ata entón a Tunip, un reino vasalo de Mitanni. Mentres os exipcios atacaban Qadesh e conquistaban outra cidade máis ao norte, Sumur, a cidade sublevouse instigada por Tunip, pero os exipcios acoraron a revolta.
O príncipe de Arasni, aliado a Abdi-Asirta xefe dos apiru de Amurru, conquistou Ardata sobre a metade do século XV a. C. Con esta cidade e Sigata como base do seu poder, os apiru estendéronse ao norte e ao sur. Morto Abdi-Asirta sobre o 1340 a. C., o seu fillo Pu-Bahla púidoa manter, pero a residencia tívoa na próxima Ullaza. Sobre 1330 a. C. quedou integrada no Reino de Amurru creado polo rei hitita Suppiluliumas I. É posíbel que entón Ardata fose a capital do reino con Aziru como rei.
Notas
Categoría:Cidades do Antigo Exipto Categoría:Vasalos hititas en Siria Categoría:Fenicia