A OU-125 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une Canda e a Portela da Canda, ambas no concello da Mezquita. É un tramo vello da estrada N-525.

Percorrido

Ten unha lonxitude de 1,75 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Canda e finaliza nun cruzamento coa ZA-106 na Portela da Canda co límite provincial de Ourense e Zamora (Castela e León).

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Ourense Categoría:A Mezquita