María José Gómez Rodríguez, nada en Guntín en 1976, é unha profesora e política galega do PPdG.

Traxectoria Doutora en Humanidades e licenciada en filoloxía inglesa. Foi profesora de inglés no IES de Monterroso. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Guntín e foi tenente alcalde. En xaneiro de 2017 foi nomeada xefa do Servizo de Coordinación da Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.La Voz de Galicia, Lugo, 17-1-2017, p. L6. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Guntín e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. entre 2022 e 2023, foi xefa territorial da Consellaría de Educación na provincia.

Nas municipais de 2023 volveu ser elixida alcaldesa tamén con maioría absoluta. Nas eleccións de 2023 foi elixida senadora pola provincia de Lugo.

En abril de 2024 foi nomeada conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, abandonando os seus anteriores cargos o 15 de abril.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Guntín

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alcaldes de Guntín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Nados en Guntín Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes