A Asociación Galega de Deseño, DAG, é unha organización sen ánimo de lucro fundada en 2006 que agrupa profesionais do deseño de Galicia. Abrangue moitas ramas do deseño, tales como o deseño gráfico e web, o deseño UX/UI, o deseño industrial, o deseño editorial, o deseño estratéxico ou o deseño de servizos.

A súa actividade consiste en impulsar o deseño en Galicia, facer divulgación e incluír o deseño dentro do tecido empresarial galego. Tamén reivindica a importancia do deseño no mundo empresarial actual e crea canles de comunicación entre os profesionais e os estudantes das escolas de deseño.

Notas

Categoría:Deseño Categoría:Asociacións de Galicia