Rodrigo de Luna, nado cara a 1424 ou 1425 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1460, foi un prelado católico romano que exerceu como arcebispo de Santiago de Compostela (1449–1460).
Traxectoria
Era curmán de Álvaro de Luna e grazas á súa influencia tivo unha rápida carreira tanto na corte como na igrexa. A proposta do cabido de Santiago foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela por Nicolao V o 7 de abril de 1449 onde exerceu como arcebispo ata a súa morte en 1460. Enfrontouse a unha revolta da nobreza e das cidades dependentes da mitra agrupadas no Manifesto de Antealtares.
Notas
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Finados en 1460