O Roman de Rou é unha crónica en verso, escrita en lingua normanda por Wace (s. XII). Conta a historia do ducado de Normandía dende a época de Rollón até a batalla de Tinchebray (1106). Está considerada a épica nacional de Normandía. Comezada en 1160, Wace fíxolle as súas derradeiras revisións cara a mediados da década de 1170.
Título A obra recibe o seu nome do propio líder dos normandos, Rollón, chamado Rou na súa lingua.
Historia Tras o éxito da súa obra anterior, o Roman de Brut, que narra a historia dos ingleses, Wace recibiu un encargo de Henrique II para elaborar un relato similar sobre as orixes dos normandos e a súa conquista de Inglaterra. Wace comezou o seu traballo arredor do 1160, e realizou as derradeiras revisións a mediados da década de 1170.
Contidos A Roman de Rou é a epopea nacional de Normandía. Narra a historia dos normandos e dos viquingos dende os tempos de Rollón. Para alén de recoller os eventos históricos relevantes, Wace engadiu comentarios sobre a vida e o carácter dos personaxes, anécdotas, ou reflexións sobre o antagonismo entre os normandos e os franceses.
Estrutura O Roman de Rou consta de tres partes:
A primeira parte, composta por 315 versos, é unha relación dos duques normandos en orde cronolóxica inversa (chamada Chronique Ascendante). Os especialistas consideran que se trata dun engado á obra orixinal de Wace. A segunda parte está composta por 4.425 versos alexandrinos. A terceira parte consta de 11.400 versos octosílabos. Existe unha cuarta parte, de 750 versos, coñecida como Le Romaunz de Rou et des dus de Normandie, anexada nalgunhas edicións do texto. Parece ser unha versión primeira descartada, e logo integrada no texto final.
Fontes Para a elaboración do Roman de Rou, Wace empregou diversas fontes históricas, entre as que destacan as seguintes:
A Gesta Normannorum Ducum. De moribus et actis primorum Normanniae ducum, de Dudon de Saint-Quentin. A Gesta Guillelmi, de Guillaume de Poitiers. A Gesta Regum Anglorum, de Guillaume de Malmesbury. Brevis relatio de Guillelmo nobilissimo comtie Normannorum. A tradición oral, composta por testemuños oculares, algúns procedentes da súa propia familia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas .
Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Literatura medieval