Os uru-eu-wau-wau ou jupaú son un pobo indíxena do BrasilLast Days of Eden: Rondônia's Urueu-Wau-Wau Indians Loren McIntyre, National Geographic (decembro de 1988), pp. 800-817 (consultado o 10 de agosto de 2016) que vive no estado de Rondonia. Os membros deste pobo viven en seis vilas dentro das fronteiras do Territorio Indíxena Uru-Eu-Wau-Wau, que é compartido por outros dous pobos contactados, os amondawa e os uru pa in, estes últimos que falan unha lingua chapacura, así como por pobos non contactados como os jurureí, os parakua e outros dous cuxos nomes non se coñecen."Uru-Eu-Wau-Wau: Identification and Demography." Povos Indígenas no Brasil. (consultado o 26 de abril de 2011)

Nome Os uru-eu-wau-wau chámanse a si mesmos jupaú. Tamén se coñecen (erradamente) como amondauas, bocas-negras, bocas-pretas, cabeça-vermelha, cautários, sotérios, urupain,"Uru-Eu-Wau-Wau: Introduction." Povos Indígenas no Brasil. (consultado o 26 de abril de 2011) ou urueu-wau-wau."Urueu-Wau-Wau." World Directory of Minorities and Indigenous Peoples. (consultado o 22 de maio de 2011)

Historia Os uru-eu-wau-wau entraron en contacto con non nativos, concretamente a Fundación Nacional dos Pobos Indíxenas (FUNAI) en 1981, a cal provocou unha perda de poboación. En 1981, había 250 habitantes uru-eu-wau-wau, pero só 89 en 1993. As doenzas e os ataques violentos de persoas foráneas matáronos. Os colleiteiros de caucho loitaron contra os límites deseñados pola FUNAI das terras uru-eu-wau-wau. En 1991, un dos maiores xacementos de estaño coñecidos do mundo foi descuberto nas terras dos uru-eu-wau-wau.

Despois de 1993 a súa poboación comezou a aumentar de novo. O Territorio Indíxena Uru-Eu-Wau-Wau foi estabelecido polo goberno brasileiro para protexer as tribos e só os indíxenas poden vivir legalmente no territorio; porén, madeireiros e mineiros invadiron regularmente as súas terras."Massive Invasion of Isolated Indians' Land." Survival International. 12 de xaneiro de 2007 (consultado o 26 de abril de 2011) Os misioneiros están activos entre os uru-eu-wau-wau, e unha ONG chamada Kanindé está tentando loitar contra as influencias externas e os asimilacionistas entre os uru-eu-wau-wau.

Lingua Falan uru-eu-wau-wau, unha das noves variedades da lingua kagwahiva, da familia lingüística tupí-guaraní subgrupo VI, pertencente ao tronco tupí. A lingua tamén se coñece como uru-eu-uau-uau, eru-eu-wau-wau, ureuwawau ou kagwahiva, e o seu código de lingua ISO 639-3 é "urz"."Uru-Eu-Wau-Wau." Ethnologue. (consultado o 26 de abril de 2011)

Cultura Os uru-eu-wau-wau son cazadores-recolectores. Empregan un veleno feito con cortiza de árbores nas súas frechas cando cazan tapires e outras presas. Son coñecidos polas súas distintivas tatuaxes na boca feitas de genipapo, un colorante vexetal negro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lingua uru-eu-wau-wau

Categoría:Pobos indíxenas do Brasil Categoría:Grupos étnicos do Brasil