Rafael Chirbes Magraner, nado en Tavernes da Valldigna, Valencia o 27 de xuño de 1949, e finado en Beniarbeig o 15 de agosto de 2015, foi un escritor e crítico literario español. Coa súa oitava novela, Crematorio, obtivo en 2007 o Premio da Crítica de narrativa castelá, mesmo galardón que recibiu en 2013 coa súa seguinte obra, En la orilla, que ademais foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa.

Biografía Naceu o 27 de xuño de 1949 en Tavernes de Valldigna, provincia de Valencia. O seu pai faleceu cando el tiña 4 anos. Desde os oito anos estudou en colexios de orfos de ferroviarios, en Ávila e León. Aos 16 trasladouse a Madrid, onde estudou Historia Moderna e Contemporánea. En 1969 mudouse a París, onde permaneceu un ano. Tamén viviu en Marrocos (onde foi profesor de español), Barcelona, A Coruña, Estremadura, e no ano 2000 regresou á provincia de Alacante, concretamente a Denia e a Beniarbeig.

Ao chegar a Madrid pasou algún tempo en La Gaceta Ilustrada antes de inaugurar a súa relación con Vinoselección, editora da revista Sobremesa na que foi redactor, redactor xefe, director, asesor de dirección e colaborador entre 1984 e 2007. Das reportaxes publicadasnesta revista e unha vez reescritos compuxo dous libros: Mediterráneos (1997) e El viajero sedentario (2004).

A súa primeira novela, Mimoun (1988), quedou finalista do Premio Herralde e a súa obra La larga marcha (1996) foi galardoada en Alemaña co Premio SWR-Bestenliste. Con esta novela iniciou unha triloxía sobre a sociedade española que abarca desde a posguerra até a transición, que se completa con La caída de Madrid (2000) e Los viejos amigos (2003). Con Crematorio (2007), un retrato da especulación e a burbulla inmobiliaria, recibiu o Premio Nacional da Crítica e o V Premio Dulce Chacón. A novela En la orilla (2013), continúa o retrato da España en crise, e por ela recibiu tamén o Premio Nacional da Crítica 2014 e o Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano 2013. Esta novela foi considerada o mellor libro do ano, segundo os xornalistas e a crítica literaria do diario El País. Faleceu en Tabernes de Valldigna o 15 de agosto de 2015.

Postumamente, publicouse a novela Paris-Austerlitz, que deu por terminada poucos meses antes da súa morte e que contén elementos autobiográficos. Ambientada en París, conta a relación dunha parella gai entre un novo pintor madrileño e un obreiro de ascendencia normanda, moito maior de idade que el e que contraerá a sida.

En decembro de 2015 a Biblioteca Nacional de España celebrou unha homenaxe adicada a figura e obra de Rafael Chirbes, na que participaron Manuel Rodríguez Rivero, Jorge Herralde, Santos Sanz Villanueva e Marta Sanz.

Adaptación televisiva A súa oitava novela, Crematorio (2007), foi adaptada por Canle Plus en 2011 como miniserie de televisión co título homónimo de 8 capítulos, e co actor Pepe Sancho como protagonista no papel do construtor Rubén Bertomeu. A serie cultivou excelentes críticas.

Obras

Novelas

(1988). Mimoun. Ed. Anagrama. (1991). En la lucha final. Ed. Anagrama. (1992). La buena letra. Ed. Anagrama. (1994). Los disparos del cazador. Ed. Anagrama. (1996). La larga marcha. Ed. Anagrama. (2000). La caída de Madrid. Ed. Anagrama. (2003). Los viejos amigos. Ed. Anagrama. (2007). Crematorio. Ed. Anagrama. (2013). En la orilla. Ed. Anagrama. (2016). París-Austerlitz. Ed. Anagrama

Ensaios

(1997). Mediterráneos. Ed. Anagrama. (2002). El novelista perplejo. Ed. Anagrama. (2004). El viajero sedentario. Ed. Anagrama. (2010). Por cuenta propia. Ed. Anagrama. (2023). Asentir o desestabilizar. Crónica contracultural de la Transición. Altamarea Ediciones

Memorias e diarios

(2017). El año que nevó en Valencia. Ed. Anagrama (2021). Diarios. A ratos perdidos 1 y 2. Ed. Anagrama. (2022). Diarios. A ratos perdidos 3 y 4. Ed. Anagrama. (2023). Diarios. A ratos perdidos 5 y 6. Ed. Anagrama.

Premios literarios

(1988). Finalista do Premio Herralde por Mimoun. (1999). SWR-Bestenliste (Alemaña) por La larga marcha. (2003). Premio Cálamo Libro do ano por Los viejos amigos.

(2007). Premio da Crítica de narrativa castelá (1º) por Crematorio. (2007). Premio Cálamo Libro do ano por Crematorio. (2008). Premio Dulce Chacón por Crematorio.

(2014). Premio da Crítica de narrativa castellana (2º) por En la orilla. (2014). Premio Nacional de Narrativa de España por En la orilla. (2014). Diario El País Mejor libro en lingua española de 2013 por En la orilla. (2014). Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano por En la orilla. (2014). Finalista do Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa por En la orilla.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Página web de la Fundació Rafael Chirbes Rafael Chirbes: “Tenemos gobernantes que la población ha descubierto que no los representan” Entrevista publicada el 5 de marzo de 2013 (realizada por Blanca Berasategui) Chirbes en Anagrama Reportaje de 'El País' 06/04/08 Rafael Chirbes relata sus inicios literarios Premios Cálamo Premios SWR-Bestenliste (en alemán) "El lector tiene que desconfiar del novelista, porque éste es un gran fabulador" R. Chirbes entrevistado por Marta Martínez Valls, Assises Internationales du Roman (Lyon, 28 de mayo de 2008) Serie Crematorio

Entrevista na Univerdade de Granada 

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Críticos literarios de España Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Finados en 2015 Categoría:Novelistas da Comunidade Valenciana