A OU-801 (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ribadavia e O Coto (Padrenda); atravesa os concellos de Ribadavia, Melón, Cortegada, Pontedeva e Padrenda. Ten unha lonxitude de 19,80 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-405 en Ribadavia e finaliza nun cruzamento coa estrada portuguesa N 202 no Coto (Padrenda) coa fronteira portuguesa de Cristóval do concello de Melgaço (Portugal). Na metade do percorrido atópase na provincia de Pontevedra que comparte coa estrada PO-801 no concello de Crecente.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Ourense Categoría:Ribadavia Categoría:Melón Categoría:Cortegada Categoría:Pontedeva Categoría:Padrenda